Do 15 de outubro de 2008 ao 5 de novembro de 2008
A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía das Universidades da Coruña e Vigo, achegarán á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar unha extraordinaria pléiade de escritores e escritoras das nosas letras.