Obras gaņadoras dos Premios AELG 2013
5/5/2013

Estes son os gañadores/as dos Premios AELG 2013, que premian as mellores obras editadas en 2012, e que se veñen de fallar na Gala das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega:

 
 

Blog Literarios

Caderno da crítica, de Ramón Nicolás

 

Ensaio

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais)

 

Literatura Infanto-xuvenil

O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais)

 

Xornalismo Cultural

Ana Romaní

 

Narrativa

Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia)

 

Poesía

EX-AEQUO

Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal (Biblos)

Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Factoría K de libros)

 

Teatro

Banqueiros, de VV. AA. -Francisco Pillado, coordinador- (Laiovento)

 

Tradución

Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Petrarca, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)

  

Hai fotos dispoñíbeis daqueles finalistas que son socios/as da AELG na fototeca da web da Asociación:

http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPhotoLibrary.do

 

 

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

 

  • O premio Mestres e Mestras da Memoria, de nova creación, que se concedeu nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional;
  • O Premio Institucións que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e que este ano foi para o asociacionismo cultural representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural (Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de Pontevedra);
  • E mais o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado pola Asemblea á escritora Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.

 

No transcurso da gala a AELG tamén entregou aos humoristas gráficos Siro López Lorenzo “Siro”, Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo, Xosé Ángel Rodríguez López “Gogue”, Xosé Carreiro Montero “Pepe Carreiro” e Xaquín Bieito Marín Formoso “Xaquín Marín” a distinción Bos e Xenerosos.

 

O Consello Directivo da AELG fixo constar os parabéns máis sinceros aos compañeiros e compañeiras de oficio hoxe premiados nesta Gala das Letras, felicitación e aplauso que fai extensivo a todos os autores e autoras finalistas, e mais os propostos na primeira quenda de votacións, cuxo labor creativo conxunto merece tamén o público recoñecemento, pois todo el se converte nunha globalidade creadora, copartícipe testemuño necesario, ano a ano, dunha sementeira literaria que agroma para orgullo da sociedade galega desde a vindicación irrenunciábel da súa ferramenta máis prezada: a lingua galega en perpetua construción de futuro lexítimo.