Finalistas dos Premios AELG 2010
22/2/2010
Ábrese agora o prazo para a elección dos gañadores/as por parte dos Socios e Socias da Aelg, que se estende até o 12 de abril. Os gañadores/as daranse a coñecer o día 17 de abril no transcurso da Cea das Letras.

Premios AELG 2010. Finalistas:

 

 

Blog Literario

  1. A canción do náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org/), de Francisco Castro
  2. As uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com/), de Marcos Valcárcel
  3. Axenda Cultural da AELG (http://axendaaelg.blogaliza.org/), de Algueirada (Acción cultural na rede)
  4. Brétemas (http://bretemas.blogaliza.org/), de Manuel Bragado
  5. Cabaret Voltaire (http://cabaretvoltaire.canalblog.com/), de Santiago Jaureguízar
  6. O levantador de minas (http://olevantadordeminas.blogaliza.org/), de Alfredo Ferreiro

 

Ensaio

  1. A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, de Manuel Forcadela
  2. As razóns do galego. Apelo á cidadanía, de Henrique Monteagudo
  3. Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero
  4. Soñadores e Familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro, de María Xesús Nogueira Pereira

 

Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)

  1. Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros
  2. Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz
  3. O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade, de Xesús Manuel Marcos
  4. Valados, de Agustín Fernández Paz

 

Mellor traxectoria xornalística (AELG-Colexio de Xornalistas)

  1. Belén Regueira
  2. Ana Romaní
  3. Xosé Manuel Pereiro (renuncia á candidatura na súa condición de Decano do Colexio de Xornalistas)
  4. Bieito Iglesias
  5. Manuel Rivas
  6. Fran P. Lorenzo
  7. Lino Braxe
  8. Anxo Tarrío

 

Narrativa

  1. Monte Louro, de Luís Rei Núñez
  2. O cabo do mundo,de Xabier Quiroga
  3. Unha historia que non vou contar,de Cid Cabido

 

Poesía

  1. Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza
  2. O pouso do fume, de Dores Tembrás

 Faise constar que o poemario O paraíso das sombras, de Cesáreo Sánchez Iglesias, resultando elixido finalista, foi retirado a petición do autor na súa condición de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entidade organizadora dos Premios.

 

Teatro

  1. Delimvois, de Rubén Ruibal
  2. Medea dos fuxidos e outras pezas, de Manuel Lourenzo
  3. Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa

 

Tradución

  1. Flanagan. Flash-Back, de  Jaume Ribera e Andreu Martín, en tradución de Isabel Soto
  2. O museo da inocencia, de Orhan Pamuk , en tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos
  3. Obra dramática completa, de Sarah Kane, en tradución de Manuel F. Vieites
  4. Residente privilexiada, de María Casares, en tradución de Ana Belén Martínez Delgado