9 de maio de 2015
Co apoio da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Concello de Lugo e a colaboración do Círculo de las Artes
Foto da actividade

 

As obras gañadoras déronse a coñecer na Gala das Letras, que tivo lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo.

Vexa aquí o discurso da presidencia da AELG.

Nas categorías de literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respectivamente. 

 

Foron finalistas:

 

Blog literario

 

Ensaio

 

Literatura Infanto-Xuvenil

 

Xornalismo Cultural

 

Narrativa

 

Poesía

 

Teatro

 

 

Tradución

 

As obras gañadoras foron:

Blog literario

Caderno da crítica, de Ramón Nicolás  [https://cadernodacritica.wordpress.com/]

 

Ensaio

Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora)

 

Literatura Infanto-Xuvenil

Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia)

 

Xornalismo Cultural

Montse Dopico

 

Narrativa

A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia)

 

Poesía

A distancia do tambor, de Eva Veiga (Espiral Maior)

 

Teatro

Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)

 

 Tradución

 

A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)

 

 

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG, que tamén se entregaron na Gala das Letras:

 

  • O premio Mestres e Mestras da Memoria, que chegou á súa terceira edición, que se concedeu a Josefa Arias Castelo, de Vilalba, e a Emilio Pérez Álvarez, “Emilio do Pando”, do concello da Fonsagrada, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional.
  • Premio AELG Institucións 2015, que se concede a aquelas entidades que contribuísen á divulgación da lingua e cultura galega e que este ano, pola súa defensa dos dereitos profesionais dos/as xornalistas, por ter o idioma galego e o xornalismo cultural como prioridade, e por promover os valores éticos na escrita xornalística, foi concedido ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e polo seu empeño en que Galiza teña uns medios de comunicación galegos e en galego e, por tanto, pola súa contribución ao proceso de normalización lingüística e cultural, á Asociación de Medios en Galego. Recolleron o premio Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Henrique Sanfiz, presidente da Asociación de Medios en Galego.
  • E mais o Premio AELG 2015 Escritor Galego Universal , que na súa décima edición recolleu o escritor brasileiro Luiz Ruffato; este galardón que xa recibiron Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga, e co que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aqueles autores e autoras que unen á excelencia literaria o compromiso  ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana.

 

No transcurso da Gala das Letras a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entregou tamén o  seu recoñecemento anual “Os Bos e Xenerosos”, que chegou este ano á súa duodécima edición e que supón un acto de recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura. Neste caso, pola súa contribución en diversos eidos do Xornalismo, sempre á altura das necesidades do seu tempo e, particularmente, por poñer os alicerces para termos uns medios de comunicación galegos e en galego, foron nomeados Bos/Boas e Xenerosos/as Xosé María García PalmeiroMargarita Ledo AndiónManuel Lombao e Tareixa Navaza.

A Gala das Letras contou coa actuación musical “Os sons esquecidos”, a cargo de Abraham Cupeiro e Iago González.

O Consello Directivo da AELG fixo constar os parabéns máis sinceros aos compañeiros e compañeiras de oficio hoxe premiados nesta Gala das Letras, felicitación e aplauso que fai extensivo a todos os autores e autoras finalistas, e mais os propostos na primeira quenda de votacións, cuxo labor creativo conxunto merece tamén o público recoñecemento, pois todo el se converte nunha globalidade creadora, copartícipe testemuño necesario, ano a ano, dunha sementeira literaria que agroma para orgullo da sociedade galega desde a vindicación irrenunciábel da súa ferramenta máis prezada: a lingua galega en perpetua construción de futuro lexítimo.