Esta foi a primeira Polafía que se desenvolveu nunha escola en activo, no Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro, Tallo, Ponteceso. Asistiron entre 70 e 80 persoas entre nenos/as e adultos, polo que houbo dificultades de acomodo.
Homenaxeouse a Calviño de Tallo, célebre regueifeiro, e asistiron dúas súas fillas e netos/as.
Participaron 6 regueifeiras e 1 regueifeiro. Tamén interviron 4 meniños e meniñas de dúas escolas diferentes.
E descubrimos un acordonista de mérito: Eloi Mato, de tan só 14 anos.
--
Coa participación de:
- Carmen Eiroa (Pardiñas-Tallo), que falou dos regueifeiros/as que coñeceu (por exemplo, a afamada Leonarda de Tallo).
- Obdulia (Xornes), quen falou de seu pai, o afamado Calviño de Tallo.
- Teresa (A Campara-Cores), contounos do afamado Cadete de Figueroa-Cores.
- Carmen (Mandián-Xornes), ilustrounos sobre o seu parente, o afamado Mandián de Xornes.
- Matilde Vilariño (Dombate-Borneiro), recitou un poema sobre os regueifeiros, composto especialmente para esta Polafía.
E as regueifeiras e regueifeiros Lola, de Pardiñas (Tallo), Dolores do Coxo (Borneiro), José de Severo (Borneiro), Manuel Fariña (Cesullas) e Suso de Xornes.
Na parte musical, Eloy Mato, neto de Matilde Vilariño, de Dombate.
O profesorado e alumnado do Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro tamén colaborou e participou nesta Polafía.