24 de febreiro de 2015
Foto da actividade

 

 

ÍNDICE DE CONTIDOS


Manifesto da AELG no Día de Rosalía

Presentación das iniciativas da AELG para o Día de Rosalía 2015

Actividades promovidas pola AELG

Iniciativas doutras entidades

Actividades nos centros de ensino

Vídeos da campaña #EuSonRosalía nos centros de ensino

Outros vídeos da campaña #EuSonRosalía

 

 

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) no Día de Rosalía de Castro 2015 

Daquelas que cantan soias coa tea da ausencia nas mans, dise que teñen ideas loucas. Mais eu, que tamén enredo soia versos desatados, sei que todas levamos dentro algunha fiandeira solitaria. Algunha Rosalía de múltiples formas. De estranas feituras e cores incertas. Así, esta voz é, sobre todo, a súa. O eu lírico que fala permanece cosido ás nosas Rosalías interiores.

Ás Rosalías de cen follas, poliédricas e complexas. Intimistas e sociais, populares e cultas, melancólicas e valentes, sensibles, feras, costeiras e do interior, nais e fillas, mulleres, homes, nenas, presentes e emigrantes... Todas pespuntadas á mesma alma poeta. Rosalía sempre!

Rosalías que, case sempre, tecemos cara dentro. Pero hoxe non! Hoxe un exército de Rosalías insubmisas decidimos subir á escena das rúas para ceibar os fíos que nos oprimían; en forma de canto. 

Cortaremos o silencio dos nobelos individuais e erixiremos un papavento de entusiasmo colectivo: unha bandeira de Follas Novas, con raíces aéreas que suxeiten os cuadros encantadores que se atopan no rincón máis escondido e olvidado. Cadros con meniñas gaiteiras, campás, retrancas e romarías. Mais tamén con rebeldía fronte á inxustiza e concepción contemporánea; proa e vangarda, por campiñas e por veigas (...) camiño da ribeira. 

Ánimo, compañeiras! Arriba todas, rapaciñas do lugar. Nós somos arpa de soio dúas cordas, a imaxinación i o sentimento. Que o seu son se disolva, pois, nunha mesma música, nun himno común. Porque celebrar o nacemento de Rosalía de Castro é festexar o perpetuo renacer deste país que nos acolle e identifica; é aturuxar con orgullo na nosa lingua e sentir que formamos parte dunha comunidade poética, por enriba de calquera circunstancia. 

Por enriba de calquera circunstancia todas as galegas e galegos somos Rosalía! E hoxe, máis que nunca, debemos deixar que a súa voz fale en cada unha, en cada un de nós.

Hoxe a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega é Rosalía porque pretende que o Rexurdimento da súa, nosa literatura, sexa un estado permanente. E que esa forza nos pida, nos mande que cante e que cante / na lingua que eu falo. / Nos vosos tormentos, / nos vosos pesares. / Coidá que comenso...”

Temos infinitos motivos para ser Rosalía, hoxe e os demais días do ano. Non esquezamos, pois, o brando compás das súas palabras e berrémolas co son da pandeira e do tambor! Medrando nas voces veciñas. Has de cantar, Rosalía!

Rosalía Fernández Rial, no nome do Consello Directivo da AELG

 

 
 
 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor. 

Nos últimos anos foron varias as accións promovidas desde a AELG que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade e, moi especialmente, polo sector educativo, tal e como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web

Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidamos os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”

A idea é que os lugares nos que se filme esa breve declaración, de contido libre e persoal, sexan escenarios da vida cotiá, de ser posíbel, especialmente os ámbitos laborais, en conexión con boa parte da poesía rosaliana, vinculada ao traballo e á vida diaria. En calquera caso, serán moi benvidas todas aquelas propostas orixinais que se nos fagan chegar para difundir desde a web da AELG, que poidan experimentar coa combinación dos formatos audiovisual e musical. 

A AELG pon a disposición da cidadanía os seus medios dixitais de comunicación e difusión nas redes sociais para recompilar todas aquelas ligazóns que aloxen os contidos das actividades de celebración desta data, para amplificar así a súa visibilidade. O enderezo electrónico ao que enviar as ligazóns é oficina@aelg.orgTamén recompilaremos as ligazóns que nos comuniquedes e que recollan actividades realizadas o propio día 24 de febreiro.

Por outra banda, desde 2011 a AELG vén solicitando aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron Allariz, Ames, Bueu, Burela, Betanzos, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, A Estrada, Fisterra, Foz, A Guarda, Lalín, Lobeira, Melide, Muros, Narón, Ourense, Padrón, A Pobra do Brollón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rois, O Rosal, A Rúa de Valdeorras, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Teo, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade, sumándose tamén as Deputación da Coruña e Lugo. A AELG seguirá a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais. 

A AELG está elaborando o seu manifesto anual para esta celebración, que se lerá o domingo 22 de febreiro no acto central no Panteón de Galegos Ilustres; e para o 24 de febreiro promoverá, a través da súa base asociativa, outros en diversas cidades e vilas do país, alén de propoñer unha franxa horaria e un cancelo (#) para compartir nas redes sociais as particulares homenaxes á insigne poeta galega Rosalía de Castro, voz para todo o presente porque

“Todas somos Rosalía!”

Actividades promovidas pola AELG  

Domingo, 22 de febreiro. Acto central da AELG.

Santiago de Compostela

Programa

Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias

Actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa
 
Lectura do Manifesto da AELG
•Rosalía Fernández Rial, vogal da AELG
 
Lectura de poemas rosalianos:
•Xosé Iglesias: “O mar castiga bravamente as penas”
•Viki Rivadulla: “Tecín soia a miña tea”
•Mónica Caamaño: “A xusticia pola man”
•Fran Barcia: “Nosa Señora da Barca”
•Xosé Mª Lema: “Nosa Señora da Barca”
•Ledicia Costas: Fragmento do prólogo de Follas Novas
•Fernando Patricio: “¡Mar!, cas túas augas sin fondo”
•Paula Carballeira: “Soia”
•Isabel Vaquero: “Miña casiña, meu lar”
•Xurxo Souto: “Mentres eu peno”
•Isabelle Kerdudo: “¡Pra a Habana!”
•Andrés Collantes: “Sin Niño” 
•Mercedes Queixas: "Tal como as nubes"
 
Actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa:
 
Actuación de Uxía:
 
Ofrenda floral
 
 

Martes, 24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

 

Madrid

Ás 19:00 o Grupo Bilbao convocou unha lectura de poemas de Rosalía diante da que fora a súa residencia madrileña, na rúa Ballesta, 13.

Palabras sabias de Vicente Araguas sobre a autora de Cantares gallegos nunha tarde madrileña fría.

“…que cante e que cante
na lingua que eu falo…”
líanos Manuel Pereira Valcárcel no 
Manifesto da AELG.

Grupo

Lendo en Ballesta, 13, Madrid

Rafa le

Rafa Yáñez, un repoludo gaiteiro

Galegos e galegas, poetas e alumnado van lendo a Rosalía, e Marta Beceiro canta os seus versos.

Marta canta

Marta Beceiro canta a Rosalía

E para rematar, como xa ben sendo costume, peregrinaxe ata San Ildefonso, como fixera Rosalía para casar con Manuel Murguía en 1858.

Día de Rosalía 2015

Diante da igrexa de San Ildefonso

 

Lugo

 

A Coruña

 

Vigo

 

A Rúa de Valdeorras

No Concello de A Rúa de Valdeorras vénse celebrando dende hai catro anos. Este ano na biblioteca pública municipal, sita na rúa Hermanos Losada, 15 (Casa da Cultura da Rúa). 

O 24 de febreiro, o alumnado dos centros Pablo Sexto, I.E.S. Cosme López Rodríguez, Colexio Manuel Respino, Taller da Memoria e público en xeral, tiveron unha cita co mundo rosaliano ás 19.30. 

 

Bueu

 

Ferrol

 

Iniciativas doutras entidades

 

Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei

Este sábado 21 de febreiro a Casa-Museo acolleu desde as 17 horas a proba final do concurso escolar de recitado de poesía “Rosalía sempre viva”, que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos convocou no presente curso por vez primeira. Trátase dunha iniciativa que busca festexar o día do aniversario de Rosalía de Castro, o vindeiro 24 de febreiro. Manuel María definíase a si mesmo como un “devoto rosaliano”.  De xeito complementario ao certame, realizáronse visitas guiadas á Casa-Museo para as familias acompañantes e para os estudantes das categorías superiores. Para os máis pequenos houbo unha sesión de contacontos e xogos e mesmo un tempo para a merenda.

O Rosal

O Auditorio Municipal do Rosal acolleu o domingo 22 a celebración do Día de Rosalía de Castro coa lectura pública, a partir das 6 da tarde, da obra rosaliana. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Haberá tamén música en directo a cargo de Kepler.

Redondela

A Radio Municipal de Redondela e mais o Servizo de Normalización Lingüística sumáronse á celebración do DÍA DE ROSALÍA 2015. Para conmemorar novamente o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de 1837) cunha iniciativa que consistiu na gravación en Radio Redondela, entre os días 10 e 20 de febreiro, de lecturas da obra rosaliana ou de opinións e impresións sobre a súa obra, nas que cada persoa descubrirá con cal das múltiples “rosalías” e con que sensibilidades da autora se sente máis identificada. Neste caso, deberán comezar coa frase “Eu son Rosalía porque/cando/para…”, seguindo a iniciativa da AELG. As gravacións emitíronse durante a programación habitual de Radio Redondela na semana do 23 ao 27 de febreiro.

 
A Pobra do Caramiñal
Acto literario-musical o domingo 22 de febreiro, ás 12.30, na praza Rosalía de Castro, no que se deu lectura a textos da autora padronesa.
 
Ferrol 
O Departamento de  Normalización Lingüística e a Biblioteca Municipal do Concello de Ferrol sumáronse á celebración do  Día de Rosalía 2015. 
Conmemoraron o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro desenvolvendo  unha actividade encamiñada a difundir a obra rosaliana. 
Do 16 ao 27 de febreiro as persoas que visitaron a Biblioteca Central atoparon tarxetas (16 modelos diferentes) con versos soltos e poemas da autora nas mesas, ordenadores, ascensor, etc., tamén se expuxeron paneis con poemas ou versos de Rosalía de Castro en distintos puntos da biblioteca. Tamén tarxetas e marcapáxinas foron distribuídos por diferentes puntos da biblioteca.
O Día de Rosalía, o 24 de febreiro, todas as persoas usuarias da Biblioteca Municipal Central que levaron en préstamo un libro, revista ou outro elemento, recibiron un marcapáxinas cuns versos de Rosalía e aquelas persoas que tomaron en préstamo un libro en lingua galega, ademais do marcapáxinas, recibiron unha flor.
 
 
Braga
A Semana Cultural - Convergência Galiza/Portugal fixo oco na súa programación ao Día de Rosalía de Castro
 
Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón
A Fundación Rosalía de Castro celebrou o Día de Rosalía (24 de febreiro, día do nacemento da poeta) cun programa especial do Diario Cultural no que se presentará a edición en libro-disco de De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro que reúne os poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos que Rosalía de Castro publicou no seu libro Cantares Gallegos. O acto de presentación desenvolveuse o martes 24 de febreiro ás 19 horas na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e interviron Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e Rosa Martínez, directora da Radio Galega. Leron os seus poemas os seguintes poetas: Manuel Forcadela, Antía Otero, Arturo Casas, Carmen Blanco, Luis González Tosar, Olalla Cociña e Xose María Álvarez Cáccamo. A crítica literaria Ana Salgado fixo unha lectura crítica do libro-CD  e María Xesus Nogueira fixo un achegamento ás antoloxías sonoras na poesía galega.
 
Poio
O Concello de Poio vén organizando actos de homenaxe dende 2010 para destacar a importancia que Rosalía tivo ao se enfrontar a circunstancias da época como que as mulleres non participasen da vida pública e que o pobo non puidese escribir na súa propia lingua galega.
Instalaron un punto de interese sobre a figura da escritora na que van participar, do 23 ao 27 de febreiro, os usuarios/as da Biblioteca e tamén os nenos/as que acoden ao centro de Xaime Illa realizaron traballos plásticos que se expuxeron no centro cultural de Raxó a partir do martes 24. E dende os obradoiros musicais traballouse a rítmica e musicalidade dos poemas de Rosalía de Castro para realizar un pequeno recital que se levará a cabo o 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas.
Os nenos/as da ludoteca do Concello de Poio tamén realizaron debuxos que teñen que ver coa historia e a figura da poetisa cos que se elaborará un libro. Tamén as persoas que acudiron a obradoiros para a terceira idade elaboraron un mural formado por unha rosa e un poema.
  
Salvaterra de Miño
O Concello de Salvaterra de Miño promoveu para o día 24 de febreiro, ás 16.30, un recital do poema "Adios ríos, Adios Fontes", acompañado de guitarra, mesturando o recital con estrofas adaptadas e cantadas, rematando cunha actividade de animación, na Praza do Concello.
 
Arteixo
Na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 17:30 h.
O 24 de febreiro Rosalía de Castro visitou o concello de Arteixo onde naceu o seu marido Manuel Murguía, celebrando o Día de Rosalía con Ana Hermida, que achegou a súa obra "Tecín soia a miña tea".
Foron dramatizacións de poemas de Rosalía de Castro. Este espectáculo pretendeu amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro " eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Espectáculo baseado en textos de Rosalía de Castro e Miguel Anxo Fernán-Vello e cancións da autoría de Baldomero Iglesias "Mero".
 
Santiago de Compostela
As persoas que se achegaron á Biblioteca Pública de Santiago de Compostela "Ánxel Casal" atoparon versos soltos da autora nas mesas,ordenadores, ascensores, etc.
O mesmo 24 de febreiro ás 18:30 na Sala Infantil, fixeronbroches coa estampa de Rosalía para celebrar o seu aniversario. A cargo de María Elena Portomeñe, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para nenos e nenas de 7 a 12 anos.
 
Ourense
O Concello de Ourense apoiou as actividades que o Grupo Rosalauria programou para as 20.00 no Liceo de Ourense. Tamén levou a cabo as seguintes accións:
  • Desde a semana anterior dous autobuses urbanos percorreron a cidade coa seguinte faixa.

  • O día 24 todas as liñas de autobuses da cidade levaron no seu interior poemas de Rosalía.
  • O día 24 ás 11.15 tivo lugar no Salón de Plenos do Concello unha lectura institucional coa colaboración de alumnado do Colexio Divino Mestre da cidade.
 
Silleda
O Concello de Silleda sumouse, un ano máis, aos actos de celebración do Día de Rosalía de Castro. Desde a concellaría de Cultura repartíronse marcapáxinas conmemorativos entre o alumnado de Infantil, Primaria, ESO e os cativos e cativas da Galiña Azul. Ademais, os usuarios/as que retiraron libros durante a xornada na biblioteca pública Daniel Castelao, recibiron este mesmo obsequio. Colocáronse láminas con poemas da autora en distintas dependencias municipais.
Nos centros educativos tamén levaron a cabo diversas actividades nesa mesma xornada. No CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira e no IES Pintor Colmeiro sumáronse á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) "Eu son Rosalía". Ademais, noutros centros educativos do municipio tamén tiveron lugar distintas actividades ao redor da figura da escritora e da súa obra.
 
 
Burela
 
 
O Maratón de Lectura de Burela, organizado polo Colectivo Cultural Buril chega este ano á súa quinta edición. Dada a alta participación acadada nas pasadas edicións, así como o interese mostrado por parte de todas as persoas e entidades participantes, apostaron por manter esta cita coa lingua e a literatura galega que se vai consolidando ano a ano. Desta volta celebraron o Maratón de Lectura o 24 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía. A cita tivo lugar en Burela, no salón de plenos do Concello, como vén sendo habitual.
O Buril quixo sumarse deste xeito á celebración do Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro (aniversario do nacemento da autora), que desde 2010 promove a AELG.
Coma o pasado ano, o Maratón de Lectura estivo estruturado en dúas quendas, unha de mañá, de 10:00 a 14:00 e horas, destinada aos centros educativos de primaria e secundaria e outra de tarde, de 16:00 a 20:00 horas, destinada a colectivos e entidades deportivas, así como a todas as persoas que quixeron participar a título individual.
 
 
 
Boiro
Teo
O Concello de Teo convertiu o 24 de febreiro nun día de lembranza á figura de Rosalía de Castro, uníndose deste xeito á celebración do Día de Rosalía. Durante a xornada fíxose unha difusión da obra da autora sobre todo nas redes sociais a través da difusión de poemas elixidos por persoas vencelladas co Concello de Teo.
Dende a concellaría de Cultura, tamén se convidou aos centros escolares a traballar sobre a obra da escritora. Dende o Concello enviouse unha lámina cunha imaxe de Rosalía de Castro, obra da artista plástica afincada en Teo Ana Costas, e convidouse a facer algunha lectura coincidindo co Día de Rosalía. Outros colectivos que falaron da obra da escritora galega máis representativa foron as escolas infantís e os grupos de memoria no que participan persoas maiores coordinados dende a Concellaría de Benestar. 
Dende a Concellaría de Educación, dirixida por María A. Garea, en relación cos colexios lémbrase que existe un banco de recursos sobre a figura de Rosalía en internet. Pode consultarse no seguinte enderezo: http://www.siteo.org/rosalia  Neste banco pódese atopar unha recopilación de actividades sobre a figuar e a obra rosaliana con actividades por idades e ciclos educativos. A realización deste banco contou coa colaboración do profesorado do CEIP A Ramallosa. 
Dende o Concello durante a xornada do martes 24 lanzáronse nos perfís de facebook (www.facebook.com/ConcellodeTeo ) e twitter (@concellodeteo) municipais poemas de Rosalía acompañados das ilustracións de Ana Costas. E tamén nas redes sociais se subiron vídeos con lecturas da obra de Rosalía de Castro. Para eso calquera persoa interesada puido achegarse á Mediateca do Grilo onde se gravarou a lectura e se subiu ás redes sociais. Todas as accións deste día publicáronse baixo a etiqueta #DíadeRosalía.
 
Muxía
 
 
Carballo 
 
Sober
 
As "Merendas con Contos" da Biblioteca do concello de Sober únense a celebración coa grabación do vídeo “Eu son Rosalía”. Farán tamén unha lectura pública da obra desta escritora e agasallarán cunha flor a todas as persoas que participen da actividade.
Foi o venres 27 de febreiro, ás 17.30, na biblioteca.
 
 
 
 
A Estrada
O martes 24 de febreiro, ás 20:00, no MOME celebrouse un acto para lembrar a Rosalía de Castro, que consistiu nun breve recital sobre poemas de Rosalía de Castro a cargo dun grupo de nenos/as dos centros de ensino da Estrada e despois un Concerto do grupo “2 na fronteira”. 
A Asociación Cultural Vagalumes fixo unha lectura pública ás 20.30 do día 28, na Sala de Exposicións de Abanca.
 
 
 
 

Actividades nos centros de ensino

 

 

 

O IES Agra de Leborís, da Laracha, celebrou na biblioteca o Día de Rosalía, cun recitado de poemas do concurso, versións musicados dos poemas e a entrega de premios.
 
NO CEIP Vilaverde, de Mourente (Pontevedra):
 
No CEIP Saco e Arce de Toén, en Ourense, alén de gravaren o vídeo que se ve máis abaixo, programaron outras actividades que se poden ver no Bloguesquio (blogue da BE do centro): Regáloche un poema: Os maiores fixeron unha escolma de poemas da autora, prepararon a lectura e léranllelos ás compañeiras e compañeiros doutras aulas. Estes fixeron un debuxo ou outras actividades axeitadas ás idades. E recompilarán todos nun libriño que entregarán a cada neno/a!
Ademais, escribiron unha carta ao Concello para que a fagan chegar ao pleno, solicitando que recollan esta celebración nas programacións culturais.
 
No CEIP Sequelo para ese día programaron a exposición de fotos/selfies dos nenos coa imaxe de Rosalía, primordialmente a que está situada na alameda da vila que leva o seu nome, ou, no seu defecto, con outras imaxes da autora. Tiveron a visita do escritor Xose Henrique Costas, con quen traballaron a figura poética de Rosalía; e tamén contaron coa presenza do gaiteiro Felipe Rea, co que interpretaron a "Alborada". Ademais centraron as acións para ese día máis nun nós ca nun eu, e como tal fixeron un video Xa fixeron este mosaico:
 
e  nubes de palabras a partir da figura de Rosalía e chegaron á interesante abreviatura para a autora de RC 24; partindo disto, van debuxar a autora coa equipación da selección galega.
 
A seguir, unha serie de ligazóns nas que podemos gozar das experiencias promovidas en diversos centros:
 
CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)
EDLG do CEIP Filomena Dato (Barbadás)
Biblioteca do CEIP Filomena Dato (Barbadás) Ademáis, durante toda a semana emitiuse pola megafonía do centro música con letra de Rosalía de Castro.
CEIP San Xoán (Becerreá)
CEIP Milladoiro (Malpica)
 
 
   
 
Vídeos da campaña #EuSonRosalía nos centros de ensino 

   

 

 

Outros vídeos da campaña #EuSonRosalía 

 

 

Celso Fernández Sanmartín mándanos as seguintes palabras:

O
 verso
 1863
 de
 Cantares
 Gallegos
 de
 Rosalía
 de
 Castro
 coincidiría
 en
 orde cardinal
 co
 ano 
de 
publicación
 dese
 seu 
libro. Ese 
verso
 1863
 está
 contado 
na 
edición 
conxunta 
que 
con 
Follas
 Novas 
e 
máis
 En las
 orillas
 del
 Sar,
 levou 
a 
cabo
 o 
Patronato
 Rosalía
 de 
Castro,
 nun 
mesmo 
volume 
titulado 
xenéricamente
 Poesías
. Puntualizo 
que 
este 
verso 
1863 
está 
contado
 na 
4ª
 edición 
do 
libro 
anteriormente
 citado
.
A
 curiosidade 
moveu
 neste 
caso 
o 
traballo
 de 
contar
 desde 
o 
comezo
 de
 Cantares
 Gallegos
 todos 
os 
versos 
ata 
chegar
 ó
 verso 
1863.
 A 
riqueza 
de 
sensos 
da 
poesía 
de 
Rosalía de Castro 
multiplícase
 exponencialmente, 
para
 cada 
persona
interesada, tomada 
verso
 a
 verso
.
Marcouseme
 o
 sorriso
 cando
 vin
 qué
 verso
 era
 este
 1863,
 por
 todas
 as 
connotacións
 e
 asociacións
 que
 hoxe
 en
 día
 poden
 saír
 del,
 dun
 verso
 tomado
 en 
soidade, 
arrincado 
do 
corpo 
do 
poema, 
que a 
pesar 
de
 ter 
nado
 no 
ano
 1863,
 para 
moitos
 naceu 
hoxe 
ou 
nacerá
 mañá
.
"sírvelle 
de
 cubertura"
 
E Chelo Suárez estoutras:
 
Eu non son, mais síntome Rosalía. Síntome si, unida a ela, ao seu sentir, aos seus poemas. Fálolle dende o silencio, deusa do meu templo.Para lle dicir:
Quizais existes, sombra, nun mar cheo de estrelas. E te achegues a min con pasos silandeiros dende o furtivo son dos acentos perdidos, nese vagar constante que te eterniza ao tempo. Se cadra existes no decorrer da auga que as fontes polos claustros verten lúcida e pura. Conversa de rumoroso son, onde a pagan a sede brancas pombas e rulas. Quizais existes, espírito das formas dentro de todos nós, cal vaguidade núa.