24 de febreiro de 2014
Foto da actividade

  

Rosalía de Castro é unha fenda.

Unha ferida aberta nas conciencias.

A voz que sempre nos asombra.

 

Querémola viva,

sabémola ceiba.

 

Querémola pola rúa,

nos barrios e nos arrabaldes,

nas aldeas e nas prazas,

nas fachadas brancas dos edificios.

 

Queremos que os seus versos nos invadan,

fender con eles o mutismo das paredes.

Para que a súa voz ilumine os muros.

Alta e clara como murmurio e como berro.

Por iso, convidámosvos a participar en graffitiRosalía.

 

 

A AELG busca ademais institucionalizar o Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.

 

A AELG promoveu unha serie de actos organizados por concellos, asociación culturais e a propia AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro, no que se conmemora o nacemento da nosa autora. 

                                                   

 

Sábado, 22 de febreiro 

                                                                        Santiago de Compostela

 

 

                                                                                  Bruxelas

 

 

 

 

Domingo, 23 de febreiro. Santiago de Compostela

Acto central

Fotos, aquí.

O discurso da Secretaría xeral da AELG, aquí.

 

 

 

 

 

 

Luns, 24 de febreiro:

 

                                                                                                       Vigo

 Fotos, aquí. Tomadas do DUVI, Diario da Universidade de Vigo, cuxa crónica pode verse aquí.

 

                                                                                                A Coruña

Leron: Xabier Seoane, Chelo Suárez, Xavier Seoane, Luís Mazás, Ramiro Torres, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Olga Patiño, Lois Diéguez, Santiago Manteiga, Pilar García Negro, Carme Vilariño, Mª Xosé Bravo, Carme García Rodeja, Lucía Sigüeiro, Ana Rúa e Mercedes Queixas.

Fotos, aquí.

 

 

                                                                                        Lugo

 Fotos, aquí.

 

                                                                                              Camariñas

 

 

                                                                                      Moaña

 Fotos, aquí.

 

                                                                                  A Estrada

 

 

 

                                                                 A Rúa de Valdeorras

 

 

 

                                                                                Pontevedra

 

 

 

                                                                                       Ferrol

 

 

                                                                                               Ourense

 

                                                                                       Boiro

Rosalía de Castro foi lembrada o día 24 na Costa da Morte: a Asociación de Escritores en Lingua Galega AELG enviou un manifesto e organizou un acto na Ponte do Porto, onde un grupo de poetase e músicos grabou un videopoema en homenaje a escritora do Rexurdimento. Un poema de Rafael Lema con versos de Rosalía e músicado por Xosé María Fernández foi grabado para a súa subida as redes sociais. O video foi realizado pola italiana Sabrina Selva coa axuda de Damián Cibrán. No acto colaboraron Alicia Baña, Anxo Fernández, Walter Hartman, Tracy Saunders ou Clemens Gnadinguer, sobriño de Man de Camelle. Tamén se abriu unha exposición de fotos antigas, de 1880 a 1920.

 

Martes, 25 de febreiro

 

Madrid

Convidados por Manuel Pereira, Luz Pichel e Vicente Araguas, que atendían a convocatoria da AELG para homenaxar a Rosalía,  percorrido polas rúas madrileñas coa poesía da escritora galega.

http://galegomadrid.blogaliza.org/2014/02/26/homenaxe-a-rosalia-de-castro-en-madrid-2014/

 


Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, a AELG convocou para o día 24 de febreiro deste 2014 o programa graffitiRosalía, dirixido a toda a sociedade galega, e especialmente aos centros de ensino de toda Galiza, para realizaren nos propios centros ou en espazos públicos coa colaboración dos concellos, ademais de lecturas da obra rosaliana, unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.

Propúxose a todos os centros educativos de Galicia que, en muros ou paredes habilitadas a tal efecto, nos propios centros de ensino ou nas súas proximidades, grafittearan algún verso de Rosalía de Castro, de modo que o alento da súa voz se faga presente continuo para toda a cidadanía galega.

Esta intervención visual e artística podía ir acompañada do recitado dos seus versos, ou de calquera outra actividade que contribuíra a dinamizar e dar pulo á obra poética de Rosalía de Castro en canto símbolo colectivo.

Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega puxéronse á disposición dos centros de ensino os seus medios dixitais e de comunicación e difusión nas redes sociais para recompilar e difundir todas aquelas ligazóns onde as comunidades escolares dispoxeron as súas actividades organizadas para este día. Para isto é preciso que desde os centros nos fagan chegar este material para amplificar o seu coñecemento e visibilidade ao seguinte enderezo: oficina@aelg.org

Estes son os centros que xa nos fixeron as súas achegas. En vindeiros días esta sección irá actualizándose:

 

CEIP Filomena Dato, de Barbadás

http://ceipfilomenadato.blogspot.com.es/2014/02/dia-de-rosalia.html

 

CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda (Redondela)

Ademais da pintada do verso nunha das pareces da escola xunto coa silueta, crearase un espazo físico no centro ademais dun wix onde colocarán a información. O mural estará composto por diferentes tarefas que as dividimos por ciclos:
Infantil debuxa a Rosalía, 1º ciclo traballa sobre dous poemas, 2º ciclo sobre a súa vida e 3º ciclo sobre obra e repercusión da mesma. A mestra de música está creando un espazo con música de poemas de rosalía, ademais de preparar a obra "Negra sombra" coas frautas.
 

CEP Pilar Maestu Sierra, A Pobra do Caramiñal

Durante a semana previa esta semana tiveron unha actividade titulada "Rosalía da A a Z" que culminará o luns 24 cun recitado colectivo de poemas e varias presentación informáticas.

 

IES Félix Muriel, Rianxo

http://www.bicodaria.com/2014/02/do-dia-de-rosalia-a-semana-de-rosalia/

http://www.bicodaria.com/2014/02/seleccion-de-textos-de-rosalia/

http://www.bicodaria.com/2014/03/poesia-para-rosalia/

 

 

 

CPI da Gudiña

O alumnado de 4º da ESO están a preparar um vídeo co poema de Rosalía "Castellanos de Castilla".

 

CPI Manuel Suárez Marquier, O Rosal

Durante a semana previa realizaron esta actividade, coa participación do alumnado de EP e ESO, e o luns 24 de febreiro fixeron un acto coa lectura da poesía proposta.

http://aquintadoslibros.blogspot.com.es/2014/02/rosalia-e-mundial.html

 

CPR Cardenal Cisneros, Ourense

Os seguintes actos na honra de Rosalía, desenvolvidos por alumnos de tres continentes, dezaseis nacionalidades distintas e nove linguas nai fusionados de xeito sorprendente no galego.
 
1.-Actuación o día 24 ás 10:15 h no centro:
-          Educación Infantil: Interpretación dunha canción con letra adaptada pola súa profesora.
-          Primaria: Un grupo de alumnos interpretará un rap coa letra feita por eles mesmos na honra de Rosalía. Outros recitarán poemas.
-          ESO: Un grupo de alumnos cantarán ao son da coñecida canción de Abba, Mamma mía, unha letra composta por eles e os seus compañeiros.
2.-Todos levarán no seu peito unha camelia feita por cada un deles na que vai a “esencia de Rosalía” concentrada dentro da flor expresada cun poema da escitora. Deste xeito despois do acto levarán un anaquiño da homenaxeada ás súas casas, agasallando a flor.
3.- Unha colección de filatelia temática sobre Rosalía  estará exposta no centro.
4.- Para atender á convocatoria do graffiti, ao non ter paredes dispoñibles, varios grupos de alumnos están a crear  deseños nas  fiestras dunha das aulas do centro para facer á Rosalía visible dende  a rúa.
Como engadido, o grupo de Secundaria participará ás 20h no acto na súa honra promovido en Ourense polo grupo RosalAuria no Liceo de Ourense.
 
 
CEIP de Andrade, Pontedeume
 
A voz que sempre nos asombra. ROSALÍA DE CASTRO
 
 
 
CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, Chapela (Redondela)

 
 
CEP Carlos Casares de Alxén, Salvaterra de Miño
Graffiti-mural e  un programa especial de radio con recitado de poemas por parte do alumnado e música de poemas seus musicados, despois de traballar co libro Rosalía pequeniña  nas aulas.
Máis fotos, aquí
 
IES A Sangriña, A Guarda
Comezaron con actividades desde o día 21. O 24, recital de Lucía Aldao e María Lado.
 
IES de Rodeira, Cangas
Colocaron paneis no enreixado exterior do  instituto. Un alumno de Bacharelato que é grafiteiro pintou con  sprais o nome de Rosalía a primeira hora do 24 de febreiro e logo irá baixando o  alumnado de todas as aulas da ESO para pintar con ceras un par de  versos dun poema (distinto en cada aula) que previamente traballaron  na aula e que recitaron completo.
http://lingualizate.blogspot.com.es/2014/02/rosalia-nos-muros-de-rodeira.html
 
 
IES Mª Sarmiento de Viveiro
Participa no graffitiRosalía o 24 de febreiro.
 
IES O Couto, Ourense
 

 
 
IES Salvador de Madariaga, A Coruña
Vídeo Rosalía
 
IES Universidade Laboral, Culleredo
 
IES Alfredo Brañas, Carballo
 
Diversos actos na mañá do día 24
 
 
IES Carlos Casares, Vigo
1) Graffiti no muro que arrodea o centro con motivos alusivos a Rosalía
2) Dous recitais con poemas de Rosalía:
1º ciclo da ESO
2º ciclo: poemas recitados e/ou rapeados por grupos ao unísono e ao final recitado ao unísono por ciclos  de "Adiós ríos...".
http://iescarloscasares.blogspot.com.es/2014/03/24-de-febreiro-dia-de-rosalia.html
 
 
CEIP O Seixo, Marín.
 
O día 24 sairon pola vila repartir poemas e murais: polas rúas, na praza de abastos, casa de cultura, centro de saúde, bares, froitería, farmacia, ferraxaría,....
Fotos, aquí.
 
IES de Poio
Habilitaron un mural no centro para que o alumnado deixe os seus versos. O luns 24 lerán os versos da AELG a xeito de manifesto.

CEIP Carlos Casares, Nigrán
 
 
IES San Paio, Tui
Lectura continuada de poemas, intervención artística perfilando o rostro de Rosalía a partir da escritura dos seus versos e ambientación músico-poética a partir dunha pequena lista de reprodución de vídeos. Todas estas accións desenvolvéronse na entrada principal do centro e contaron coa participación e asistencia de numerosos membros da comunidade educativa. 
http://bibliosanpaio.blogspot.com.es/2014/02/o-rostro-da-poeta-cos-seus-versos.html
http://bibliosanpaio.blogspot.com.es/2014/02/cantemos-rosalia.html
 
 
IES Illa de Sarón, Xove
O equipo de Normalización do IES Illa de Sarón de Xove (Lugo) xunto co Departamento de Plástica organizou un concurso de deseño de graffitis para  celebrar o Día de Rosalía. Os mellores graffiteiros, de 2º de ESO e 2º de PCPI. A proposta hoxe decora os muros do pavillón do centro, un espazo ben visible para tod@s:
 
 
Este é o vídeo do proceso:

 

IES Armando Cotarelo, Vilagarcía

Abel, Gabriel, Carla, Alexia, Anás e Fran.

Colexio Compañía de María, Santiago de Compostela
Convocados pola AELG, o día 24 de febreiro celebraron o día de Rosalía de Castro. Durante a semana anterior traballouse nas aulas a figura da nosa escritora máis sobranceira e, ese día, logo da lectura en común dunha escolma de poesías rosalianas, unha representación de cada aula, saíu adornar o colexio coa poesía de cores coa que a homenaxeamos.
 
 
IES Pintor Colmeiro, Silleda
 
 
CPI Conde de Fenosa, Ares
Homenaxe a Rosalía realizada polos alumnos e alumnas do Primaria:

 
CEIP Rosalía de Castro, Xinzo de Limia
O día 24 de febreiro, despois de escoller e preparar uns versos de Rosalía, todo o alumnado do Centro e máis unha ex alumna artista adornamos desta maneira as paredes do noso patio.
 
CEIP Rosalía de Castro, Carril-Vilagarcía
 
 

CEIP Os Casais, Fene
 
 
CPI da Cañiza
Compilación das actividades organizadas polo noso centro para celebrar o día de Rosalía.
 
 
IES de Chapela, Redondela
O EDLG do IES de Chapela sumouse á iniciativa do Graffiti Rosalía: a fenda nos muros.
Acordaron facer un recitado colectivo, coa participación de representantes de todos os cursos, profesorado, persoal non docente e nais e pais. Ademais, alumnado de 3º da ESO deseñou un mural.
Choveu e choveu durante xaneiro e febreiro e resultou imposible inaugurar o mural o día de Rosalía.
Finalmente foi o 10 de marzo o día da homenaxe.
Este é o vídeo coa crónica da actividade:
 
 
 
IES Valle Inclán, Pontevedra 
Varias alumnas colaboraron no deseño duns graffiti que quedaron colgados nos corredores do centro. Ademais durante toda a mañá do día 24 os alumnos baixaron á biblioteca coas súas profesoras de galego e recitaron poemas ante os seus compañeiros/as.
O centro quere convertir esta data nun día de celebración todos os anos e por iso se sumou á chamada da AELG para facer visible a figura de Rosalía nos centros de ensino.
Máis fotos destas actividades, aquí e aquí.
 
 
IES A Sardiñeira, A Coruña
A Biblioteca do centro remítenos esta montaxe fotográfica das actividades coas que celebraron o Día de Rosalía
 

 
 
Biblioteca Pública de Sober
http://bibliotecapublicasober.blogspot.com.es/2014/02/dia-de-rosalia.html
 
 
Asociación Cultural Os Penoucos, Valga
Fixeron esta foto con versos de Rosalía, ao pé da estatua de Carolina Otero, "A Bella Otero" (que algún día dixo: "Non nacín para ser domesticada...")
 
 
 
 

A AELG  convocou a cidadanía a participar desas actividades.

Por outra banda, a AELG vén solicitando desde 2011 aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron nun número de 29, sumándose tamén a propia Deputación da Coruña. A AELG seguirá a llelo solicitar aos que non o fixeron aínda. Así mesmo pediralles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.

No pasado 2012 a AELG promoveu unha moción a presentar nos concellos do país para instaurar o 24 de febreiro como Día Rosalía de Castro e, así, organizaren actos de celebración. A moción foi aprobada en Allariz, Ames, Betanzos, Carballo, Carnota, Cedeira, Deputación Provincial da Coruña, Deputación Provincial de Lugo, Fisterra, Foz, Lalín, Lobeira, Muros, Narón, Ourense, Padrón, A Pobra do Brollón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rois, O Rosal, A Rúa de Valdeorras, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade.