Coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, a Consellaría de Cultura e o Concello do Incio
Foto da actividade

A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2013 a Marica Campo, quen nos levou ás terras do Incio o día 15 de xuño.

 

11.30 Praza da Casa do Concello do Incio (A Cruz do Incio)
Acto de entrega da letra E
 
 
 
 
Laura Celeiro García, Alcaldesa do Incio
 
 
Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG
 
 
Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
 
 
Xosé Ramón Freixeiro Mato. Laudatio
 
 
Entrega da peza escultórica de Silverio Rivas
 
 
Intervención da homenaxeada: resposta á laudatio por parte de Marica Campo
 
 
 
13.00 Campo da Festa-Souto Marica Campo (Val do Mao)
Plantación da camelia (árbore simbólica da escritora) e descubrimento do Monólito conmemorativo e da placa que atribúe o nome da homenaxeada ao Souto.
 
 
Interveñen:
Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
 
Marica Campo
 
 
 
 
 
14:30 Hotel-restaurante “A Veiga”, Samos (Estrada Samos-Sarria)
Xantar de Confraternidade. 
 
A Homenaxe A Escritora na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XIX edición  recaendo,  por  decisión  unánime  da  súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Marica Campo, que  foi homenaxeada na  súa  terra natal, o Val do Mao.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de case dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe do homenaxeada cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a  (unha  peza  escultórica  asinada  por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica (unha camelia branca elixida pola propia autora), a colocación  dun  monólito  conmemorativo  e  a atribución do nome da homenaxeada a un espazo público, neste caso ao Campo da Festa-Souto Marica Campo.
 
 
Pode descargar aquí o pdf co políptico da Homenaxe.