24 de febreiro de 2012
A AELG promoveu unha serie de actos organizados por concellos e asociación culturais para celebrar o Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, no que se conmemorou o 175 aniversario do nacemento da nosa autora.
Foto da actividade

 

 
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
 
  • A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) animou á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
  • Este ano fixéronse os 175 anos do nacemento da autora.
  • A AELG convidou a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
  • O 24 de febreiro foi recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
  • A AELG solicitou aos concellos que declaren ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e que o recollan nas súas programacións culturais. A AELG animou a toda a cidadanía a participar desas actividades.

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pola súa parte, organizou nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se leu un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

 
Houbo os seguintes actos:
 
Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00 (PDF, JPG)
O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, fixo unha ofrenda floral, deu lectura á declaración da AELG con motivo do 175 aniversario do nacemento de Rosalía. Leron textos rosalianos Ana Pontón, Uxía Senlle, Xoán Xosé Fernández Abella, Marilar Aleixandre, Edu Estévez e Carme Adán
 
A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30 (PDF, JPG)
Mercedes Queixas e Antía Otero leron a declaración da AELG e Olga Patiño, Pilar García Negro, Tati Mancebo, Alfredo Ferreiro, Estíbaliz Espinosa, Diana Varela, María Xosé Bravo, Xosé Manuel Carril, Ermitas Valencia, Xulio L. Valcárcel así como varios rapaces e rapazas leron poemas rosalianos.
 
Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30 (PDF, JPG)
Dez mozos e mozas leron poemas rosalianos. Tamén os escritores Manuel C. Matalobos (levou un cadro de Ovidio Murguía para ambientar), Adela Figueroa, Antonio Reigosa, Isidro Novo e Xosé Otero Canto. Interviu tamén o escritor, socio da Aelg e director  do IES Lucus Augusti, Xosé Luis Vázquez Somoza. O gaiteiro, Rubén Mourín, tocou tres pezas e puxo colofón coa interpretación maxistral de Negra Sombra, ante un auditorio de 150 persoas.
 
Ourense, Liceo, 19:00 (PDF, JPG)
No seu transcurso, o escritor Carlos Rafael leu a Declaración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 175 anos despois do seu nacemento e distintos autores lembraron e leron os textos máis representativos da escritora.
 
Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00 (PDF, JPG)
Coa participación de Rosa Martínez Dios, Xosé Leira, Rosa Méndez e Carlos Outeiro. Méndez deu lectura ao manifesto conxunto da AELG neste Día de Rosalía, no que se reivindicaba o valor e actualidade da obra da poeta padronesa.
 
Vigo, Museo de Arte Contemporánea (MARCO), 19.30 (PDF, JPG)
A Rúa, Biblioteca Pública Municipal, Casa da Cultura, 18.30 (PDF, JPG)
Pontevedra, Casa das Campás, 18.00 (PDF, JPG)
A Estrada, Sala de conferencias e exposicións CaixaNova, 19.00 (PDF, JPG)
Monforte, Centro de Interpretación do Viño, 21.00 (PDF, JPG)
 
Moitos centros de ensino confirmaron que celebrarán actividades relacionadas co Día de Rosalía. Vid. tamén aquí.
 
 
Así mesmo, varios concellos do país aprobaron ou están en vías de oficializar este día a raíz da proposta de moción que a AELG enviou aos distintos grupos municipais.
 
Até o momento a moción foi aprobada en:
Allariz, Ames, Betanzos, Deputación Provincial da Coruña, Foz, Lalín, Lobeira, Muros, Narón, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, O Rosal, Santiago de Compostela, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade.
 
Non foi aprobada en:
A Estrada, Cangas, Corcubión, Mondariz Balneario.
 
Presentada en:
Teo, A Coruña, Outes, Vilagarcía, Viana do Bolo, A Guarda, A Pontenova, Arteixo, Ferrol, A Laracha. 
A listaxe irá aumentando nos próximos días segundo se vaian celebrando os plenos.
 
O Concello de Outes agasallou cun libro en galego e unha flor a quen se achegou á casa da cultura ovenres 24.
No Concello de Rianxo, ás 19 horas no Paseo da Ribeira en Rianxo, fronte ao busto de Rosalía de Castro, houbo unha lectura cívica e libre de poemas de Rosalía de Castro.
O Concello de Ames celebrou o Día de Rosalía de Castro coa lectura pública de varios poemas escritos e dedicados a escritora galega.Do mesmo xeito, mellorarase a sinalética vinculada a Rosalía de Castro coa construción dun espazo de referencia que faga visible a vocación rosaliana de Ames.
O Concello de Muxía uniuse á celebración do Día de Rosalía, agasallando os centros educativos do municipio cunha rosa e un libro, neste caso doutra Rosalía, a poeta muxiá Rosalía Fernández Rial, levando así aos mozos e mozas a lembranza da figura de Rosalía de Castro, a muller que dotou de voz propia ao noso país e converteuse no mito máis relevante e universal da Galicia moderna, xunto aos versos dunha moza muxiá como exemplo das novas xeneracións na creación literaria en galego.
No Concello de Redondela houbo unha lectura pública de textos da autora en Radio Redondela.
No Carballiño, diante do Casino, entidade que organiza o acto, celebrouse unha lectura de textos de Rosalía e sorteouse un libro entre os/as participantes.
 
Tamén as librarías se sumaron a esta xornada; así, por exemplo, Aira das Letras, de Allariz, regalou unha flor a quen comprara un libro os días 24, 25 e 26.
En Sabaríns, Baiona, o Mercado da Tía Ni celebrou o día  de Rosalía agasallando a todos os seus  clientes cun libro en galego.
Por outra parte, ás 20 horas, no Espazo de Arte de El Correo Gallego de Santiago de Compostela El Patito Editorial presentou o libro Follas Novas, ilustrado por Álvaro de la Vega, cunha mostra dos orixinais de Álvaro e tamén dos de Fausto para o libro La Flor/ A mi madre, e agasallaron os presentes cunha rosa, que levaba uns versos.
 
As bibliotecas públicas municipais tamén foron partícipes; así, as Bibliotecas Municipais de Oleiros realizaron exposicións bibliográficas da obra rosaliana e outras sobre a súa vida e produción literaria. Tamén se repartiron marcapáxinas con poesías da súa autoría e as persoas que levaron algún fondo bibliográfico en préstamo foron agasalladas cun libro en galego. Tamén a Biblioteca Pública Municipal da Rúa colaborou na organización do acto da AELG neste concello.
O Concello de Xermade, a través da biblioteca pública municipal, organizou ás 19.30 horas coa colaboración de diversos voluntarios, unha lectura pública de varios dos poemas da escritora, ademais dunha audición de varios poemas de Rosalía que foron musicados. A celebración completouse cunha exposición bibliográfica da súa obra. Concluíu co acto de entrega de premios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2011.
 
Rosalía de Castro foi trending tópic estes días.
 
 
  

Lectura colectiva do poema XAN de Rosalia de Castro (Follas Novas, 1880) a cargo dos nenos e nenas de 5ºA do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños: