5 de novembro de 2011
A sección de Literatura de Tradición Oral da AELG dá continuidade ao proxecto "Mestres/as da memoria", iniciado en 2010.
Foto da actividade

Este proxecto deriva das Polafías, organizadas pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, que se veñen celebrando desde 2007 e que, coa vindeira en Monte Alto, chegaremos ás 22.

Mestres da memoria intégrase na web da citada sección no portal da AELG, e consiste na gravación persoal de informantes  valiosos/as en literatura de tradición oral identificados nas polafías, auténticas minas de coñecemento.

En xullo de 2010  abrimos este capítulo con Elba Requeijo, que participou nas polafías de Outes e Mondoñedo e que é un portento de memoria, recitado ou narrativa.

Dentro dunha comunidade, as persoas que tiñan mellores técnicas de comunicación asumían o papel de transmisores/as do coñecemento,  a propia comunidade llelo cedía. Un valor que hoxe en día está menosprezado, e  que esta iniciativa intenta recuperar .

O sábado, 5 de novembro, gravaremos a Ángel Rivas Veiga en Orxas, Pastoriza; e en Santaballa, Vilalba, a Josefa Arias.