¡Ouh, Casa de Tor,
onde eu soupen o que era vivir nun pazo!
Novoneyra
Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
Sábado, 22 de outubro de 2011, ás 6 da tarde.
Entrada libre.
Música, contos, cantos e memoria das tradicións do propio pazo e dos arredores.
Contamos, entre outras, coas intervencións de Isidro Novo (lerá poemas de Uxío Novoneyra, Manuel María, Lois Pereiro), as lendas de Alfonso Campos, os contos de Quintín, as historias do pazo de Ángeles Rivada, a historia do pazo e do museo de Encarna Lago, a memoria de ilustres antergos da casa pacega de Xosé Lois García, os recitados de Marisa Álvarez, as historias dos franceses de Antonio Eirexe e as músicas e as cancións do Grupo O Trícole e de Mini e Mero.