A homenaxe "O Escritor na súa Terra" que cada ano impulsa a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou no 2003 á súa IX edición, recaendo nesta ocasión e por decisión unánime na figura do sobranceiro escritor Xosé Fernández Ferreiro, un dos máis insignes e recoñecidos narradores da Historia da Literatura Galega, a quen se lle concedeu a "Letra E", máximo galardón da AELG, o día 28 de Xuño, nunha homenaxe que conforma xa unha tradición na traxectoria da nosa entidade; unha homenaxe múltiple e popular no marco da vila natal do autor, Nogueira de Ramuín (Ourense), que foi quen de concitar a maior e máis diversa participación tanto entre os seus conveciños coma entre intelectuais de todo o país. |
Programa de actos:
![]() |
Plantación dun Acivro (Árbore do Escritor) e descubrimento dunha pedra escultórica adicada ao homenaxeado na Praza Maior de Luíntra ás 12:00 hs. | |
![]() |
Inauguración oficial dunha área recreativa co nome de Xosé Fernández Ferreiro. | |
![]() |
3. Acto oficial de entrega da "Letra E" (escultura do artista Moncho Amigo) a Xosé Fernández Ferreiro na Casa do Concello, despois dunha laudatio pronunciada polo escritor Manuel Álvarez Torneiro no Salón de Plenos. | |
![]() |
Recital poético dos antigos compoñentes do grupo poético Brais Pinto, coa participación de: Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Bautista Álvarez, Cesar Arias e Herminio Barreiro. | |
![]() |
Xantar de confraternidade, aberto a socios da AELG, veciños de Nogueira de Ramuín e demáis persoas interesadas, no Restaurante Olegario ás 14:00 hs. | |
Paseo en catamarán polos fermosos canóns do Río Sil.
|