19 de febreiro de 2011
Coa colaboración da Consellaría de Cultura e Turismo, Fundación Penzol, Editorial Galaxia e Concello de Vigo (Casa Galega da Cultura)
Foto da actividade

 A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra anualmente a súa homenaxe “Os Bos e Xenerosos”, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.

 
No 2011 chegamos á súa oitava edición, que se dedicou, por decisión unánime dos escritores/as Socios/as, a Francisco Fernández del Riego, polo seu silencioso e incansábel traballo que mantivo aceso o facho da cultura galega en tempos moi difíciles.
 
Foi o sábado, 19 de febreiro na Casa da Cultura Galega de Vigo, ás 12.00, segundo o seguinte programa:
 
 
Vexa aquí o convite.