Co patrocinio da Consellaría de Cultura e Turismo, Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela. E coa colaboración da Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela.
Foto da actividade

A Asociación de Escritores en Lingua Galega honrouse en contar co poeta arxentino, que recibiu o premio "Escritor Galego Universal", que distingue escritores/as que combinan a excelencia literaria co compromiso ético que os converte en referentes para o seu pobo na defensa da dignidade nacional e humana.

Juan Gelman estivo entre nós co seguinte programa :

17 de abril. Cea das Letras. Entrega da pluma "Escritor Galego Universal". Para ver o vídeo prema aquí. E aquí as fotos.

19 de abril. III Encontros Cidade da Coruña. Presentación do libro Bajo lluvia ajena. Conferencia. Ás 20.00 no Salón de Actos da Real Academia Galega. Vexa o discurso do Presidente da Aelg aquí.

20 de abril. Entrega do Premio "Escritor Galego Universal", no Salón Nobre do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela ás 19.30h. Conferencia con título "Un árbol sin hojas que da sombra", que pode ver aquí.

Consulte aquí as palabras de Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da Aelg.

 


 

Juan Gelman

 (Bos Aires, 3 de maio de 1930)

Poeta, xornalista e tradutor arxentino.

É probabelmente o máis importante poeta vivo de Arxentina, gañador do Premio Miguel de Cervantes na súa edición de 2007.

 

Biografía

Naceu en Bos Aires, no barrio de Villa Crespo en 1930, terceiro fillo de inmigrantes rusos, José e Paulina.

Durante a súa mocidade, participou de diversos grupos e movementos literarios. Ocupou importantes cargos como xornalista. Coa chegada da ditadura e debido á súa militancia na organización revolucionaria Montoneros (da que se afastou por diferenzas coa condución) tivo que exiliarse en distintos países de Europa e Latinoamérica.

Durante a ditadura, foron secuestrados e asasinados polo réxime militar o seu fillo Marcelo e a súa nora Claudia, que se atopaba embarazada. Fai poucos anos, e logo de anos de intensa procura, Gelman puido reunirse coa súa neta en Uruguai. Recibiu en 1997 o Premio Nacional de Poesía de Arxentina.

Recibiu varios premios: Literatura Latinoamericana e do Caribe Juan Rulfo, Nacional de Poesía arxentino, o Iberoamericano de Poesía "Pablo Neruda" e o Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana. Actualmente, Juan Gelman vive en México.

É case imposible falar da poesía de Juan Gelman sen referirse dalgunha forma á súa vida. É un deses homes en que vida e actividade creadora van unidas, ambas forman unha especie de alianza inseparable.

Segundo palabras de Julio Cortázar, "seica o máis admirable na súa poesía é a súa case impensábel tenrura alí onde máis se xustificaría o paroxismo do rexeitamento e a denuncia, a súa invocación de tantas sombras desde unha voz que sosega e arrola, unha permanente caricia de palabras sobre tumbas ignotas”.

Considerado por moitos como un dos máis grandes poetas contemporáneos, a súa obra delata unha ambiciosa procura dunha linguaxe transcendente, xa sexa a través do "realismo crítico" e o intimismo, ou ben coa apertura cara a outras modalidades, a singularidade dun estilo, dunha maneira de ver o mundo, a conxugación dunha aventura verbal que non descarta o compromiso social e político, como unha forma de temperar a poesía coas grandes cuestións do noso tempo.

O 29 de novembro de 2007 foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes de Literatura.

 

Principais obras publicadas

             Violín y otras cuestiones (1956)

             El juego en que andamos (1959)

             Velorio del solo (1961)

             Gotán (1962)

             Cólera buey (1964)

             Traducciones III. Los poemas de Sydney West (1969)

             Fábulas (1971)

             Relaciones (1973)

             Si dulcemente (1980)

             Dibaxu (1994)

             Valer la pena (2002)

             País que fue será (2004)

             Los Poemas de Sidney West: Selección (Inclúe CD) (2005)

             Oficio Ardiente (2005)

             Miradas (2006)

 

Bibliografía completa

Poesía

             “Violín y otras cuestiones”, Gleizer, Bos Aires, 1956.

             “El juego en que andamos”, Nueva Expresión, Bos Aires, 1959.

             “Velorio del solo”, Nueva Expresión, Bos Aires, 1961.

             “Gotán” (1956-1962), La Rosa Blindada, Bos Aires, 1962. (Reeditado en 1996)

             “Cólera Buey”, La Tertulia, La Habana, 1965. (Reeditado en 1994)

             “Los poemas de Sidney West”, Galerna, Bos Aires, 1969. (Reeditado en 1995)

             “Fábulas”, La Rosa Blindada, Bos Aires, 1971.

             “Relaciones”, La Rosa Blindada, Bos Aires, 1973.

             “Hechos y Relaciones”, Lumen, Barcelona, 1980.

             “Si dulcemente”, Lumen, Barcelona, 1980.

             “Citas y Comentarios”, Madrid, Visor 1982.

             “Hacia el Sur”, Marcha, México, 1982.

             “Com/posiciones” (1983-1984), Ediciones del Mall, Barcelona, 1986.

             “Interrupciones I”, Libros de Tierra Firme, Bos Aires, 1986.

             “Interrupciones II”, Libros de Tierra Firme, Bos Aires, 1988.

             “Anunciaciones”, Visor, Madrid, 1988.

             “Carta a mi madre”, Libros de Tierra Firme, Bos Aires, 1989.

             “Dibaxu”, Seix Barral, Bos Aires, 1994.

             “Salarios del impío”, Libros de Tierra Firme, Bos Aires, 1993.

             “Incompletamente”, Seix Barral, Bos Aires, 1997.

             “Valer la pena”, Seix Barral, Bos Aires, 2001.

             “País que fue será”, Seix Barral, Bos Aires, 2004.

             “Mundar”, Seix Barral, Bos Aires, 2007.

 

Antoloxías poéticas

             “Poemas”, Casa de las Américas, La Habana, 1960. (Ao coidado de Mario Benedetti e Jorge Timossi)

             “Obra poética”, Corregidor, Bos Aires, 1975.

             “Poesía”, Casa de las Américas, La Habana, 1985. (Prólogo e selección de Víctor Casaus)

             “Antología poética”, Vintén, Montevideo, (1993). (Selección, prólogo e bibliografía completa de Lilián Uribe)

             “Antología personal”, Desde la Gente, Instituto Movilizador de Fondos Cooperativos, Bos Aires, 1993.

             “En abierta oscuridad”, Siglo XXI, México, 1993.

             “Antología poética”, Espasa Calpe, Bos Aires, 1994. (Selección e prólogo de Jorge Fondebrider)

             “De palabra” (1971-1987). Prólogo de Julio Cortázar, Visor, Madrid, 1994.

             “Oficio Ardiente” (2005), Patrimonio Nacional e a Universidade de Salamanca.

 

Prosa

             “Prosa de prensa”, Ediciones B, España, 1997.

             “Ni el flaco perdón de Dios/Hijos de desaparecidos” (En coautoría con Mara La Madrid), Planeta, Bos Aires, 1997.

             “Nueva prosa de prensa”, Ediciones B Argentina, Bos Aires, 1999.

“Miradas”, Seix Barral, Bos Aires 2005.

 

Notas

1.      O poeta arxentino Juan Gelman, premio Cervantes 2007, La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2007

 

Ligazóns

§                  A Bitácora de Gelman

§                  Na Wikipedia en español

§                  Poemas Representativos do Recoñecido Escritor Arxentino Juan Gelman

§                  Poemas de Juan Gelman en torno á creación poética