5 de xuño de 2010
Co patrocinio da Consellaría de Cultura e Turismo, o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e o Concello de Santiago de Compostela.
Foto da actividade

ouh pedras de Santiago

continuade termando

en fráxil equilibrio

dun horizonte sempre a piques de debruzarse

 

paredes ou puntadas

prégovos, ganduxade leiroas, agras, cortiñas

lombas, tallos, regos

mantede no seu lugar a paisaxe

 

en Belvís, nas Hortas, nas Brañas do Sar

resistide a acometida do cemento

choendo pedra sobre pedra sen outra argamasa que a memoria

sustentadas nos liques impalpábeis, nos couselos e alfinetes

 

   Esta edición fixo a número 16 desta homenaxe que conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e que se ten constituído ao longo de década e media como unha celebración na que a terra de orixe ou adopción do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental.
   É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe, que tivo o seguinte programa de actos:

 

 

11.45 h Parque Avda. de Barcelona, (Leiroas) Santiago de Compostela

• Plantación dun abruñeiro (árbore simbólica da escritora) e descubrimento do Chanto conmemorativo.

Interviron:

· CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS, Presidente da AELG

· MERCEDES QUEIXAS ZAS, Secretaria xeral da AELG

· XOSÉ SÁNCHEZ BUGALLO, Alcalde de Santiago de Compostela

· MARILAR ALEIXANDRE

 

 

 

13.00 h Salón Nobre do Pazo de Raxoi

• Acto de entrega da “Letra E”

Interviron:

· MERCEDES QUEIXAS ZAS, Secretaria Xeral da AELG. Lectura da Acta de Concesión da Letra E.

· CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS, Presidente da AELG

· ANA ROMANÍ: Laudatio

• Entrega da peza escultórica do artista Silverio Rivas por parte do Presidente da AELG.

Intervención de  MARILAR ALEIXANDRE

 

 

  O acto pechouse cun xantar de confraternidade que tivo lugar no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela.

 

 

   Vexa aquí un plano onde se sinalan os lugares de celebración da homenaxe.

   Vexa aquí o programa.

   Vexa aquí o cartel.

 


 

Anteriores galardoados/as:

 

I Edición

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

1995 • Boa, Taramancos

 

II Edición

BERNARDINO GRAÑA

1996 • Cangas do Morrazo

 

III Edición

MANUEL MARÍA

1997 • Outeiro de Rei

 

IV Edición

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

1998 • Vigo

 

V Edición

XOSÉ NEIRA VILAS

1999 • Gres, Vila de Cruces

VI Edición

 

UXÍO NOVONEYRA (póstumo)

2000 • Parada do Courel

 

VII Edición

LUZ POZO GARZA

2001 • Ribadeo

 

VIII Edición

XOSÉ CHAO REGO

2002 • Vilalba

 

IX Edición

XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO

2003 • Nogueira de Ramuín

 

X Edición

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

ZUNZUNEGUI

2004 • Teis, Vigo

 

XI Edición

PURA E DORA VÁZQUEZ

2005 • Ourense

 

XII Edición

MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

2006 • Vigo

 

XIII Edición

MANUEL LOURENZO

2007 • O Valadouro

 

XIV Edición

XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

2008 • Melide

 

XV

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

2009 • Vilalba