Foto da actividade

O Premio AELG Internacional 2008, "Escritora Galega Universal", recaeu por decisión da Asemblea anual de Socios/as na figura da escritora cubana Nancy Morejón, que estivo entre nós no mes de abril e que o sábado día 26 asistiu á Cea das Letras.

Vexa aquí o monográfico editado pola Aelg (en .pdf)

 

A Aelg organizou unha conferencia e unha lectura de poemas comentados segundo o seguinte programa:
• Xoves 24 de abril, ás 20,00 horas, conferencia de Nancy Morejón na Fundación Rosalía de Castro, en Padrón, baixo título “Nancy Morejón: a muller na súa obra e na literatura cubana e caribeña”. Estiveron presentes a Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán; a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, e a secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas.
• Venres 25 de abril, ás 19,00 horas, Lectura de poemas comentados, baixo título “A beleza de todos os días”, a cargo de Nancy Morejón, no salón de actos do Consello da Cultura Galega. Acompañaron á escritora cubana o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, e Elvira Cienfuegos en representación da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela .
 

Vexa aquí o discurso do presidente da Aelg

 


 

 

Para saber máis sobre Nancy Morejón visite a web:

http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/nancymorejon/