Do 26 de setembro de 2008 ao 27 de setembro de 2008
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, co apoio da D. X. de Xuventude e Solidariedade e da Deputación da Coruña, organizaron os días 26 e 27 de setembro o III Encontro de Novos/as Escritores/as, no Pazo de Mariñán.
Foto da actividade

     Deuse así continuidade a esta actividade cuxa segunda edición tivo lugar en 2002. Á volta de seis anos era tempo de que, co lema "Entre dous séculos", tivéramos ocasión de revisar a creación máis nova do noso sistema literario, concretamente a daqueles/as autores/as que comezaron a publicar desde os noventa até o día de hoxe. A reflexión estendeuse tamén a analizar se o concepto de xeración é válido para entender a nova produción literaria, ou se deixou de ter utilidade tendo en conta que as recentes tecnoloxías permiten desenvolver formas de creación, de difusión e colaboración inéditas; así mesmo, poderase concluír se hai ou non os suficientes elementos novidosos na escrita dos novos/as que permitan caracterizala no seu conxunto.

 

   Para isto, programáronse catro mesas redondas cos seguintes títulos e relatores/as:

 

Venres 26 de setembro 2008

Pazo de Mariñán

 

• 16:00-18:00h · MESA REDONDA

“Cartografías literarias no novo século”

INTERVEÑEN Oriana Méndez, Mario Regueira e Rubén Ruibal · COORDINADORA

María Xesús Nogueira

 

• 18:30-20:30h · MESA REDONDA

“Presenza e invisibilidade das/os escritoras/es na sociedade actual”

INTERVEÑEN Ana Acuña, Iolanda Aldrei e Samuel Solleiro · COORDINADORA Elvira Riveiro

 

* * *

 

Sábado 27 de setembro 2008

Pazo de Mariñán

 

• 9:45-11:45h · MESA REDONDA

“A literatura. Internet e novas tecnoloxías”

INTERVEÑEN Lara Bacelo, Leo Campos e Eduardo Estévez · COORDINADOR Francisco Castro

 

 

• 12:00-14:00h · MESA REDONDA

• “Literatura, sociedade, nación”

INTERVEÑEN Carlos Negro, María Reimóndez e Rafa Villar · COORDINADORA Marta Dacosta

 

    Tamén o sábado 27, ás 18.00, haberá un recital mantido por Antía Otero no Museo de Belas Artes da cidade da Coruña [rúa Zalaeta s/n] co título xenérico de “Antes mort@s que solemnes” [ESPAZO ONDE AMOSAR OUTRAS CARAS DA PALABRA]

INTERVEÑEN María Lado + Lucía Aldao, Emma Couceiro, Celso Sanmartín, Estíbaliz Espinosa e O Leo

 

    O peche do encontro contou con García [membro de Dios Ke Te Crew] cantando a Celso Emilio Ferreiro

 

    Todos os actos foron abertos e de balde.

 


 

"ENTRE DOUS SÉCULOS é un xeito de situármonos. Un espazo dende o que dialogar, con voz propia, sobre os diferentes camiños que os novos creadores e creadoras vimos tomando na escena da nosa literatura. Días para encontrármonos e recoñercérmonos …. (aquí) …. nesta liña do tempo. Nun presente que nos ocupa e que percorremos cos nosos pasos."

 


Vexa aquí as actas do encontro en .pdf

 

Vexa aquí o programa en .pdf