20 de xuño de 2009
Por decisión da Asemblea de Socios/as, este ano convertiuse en Socio de Honra Agustín Fernández Paz. Coa colaboración de: Cedro, Consellaría de Cultura e Turismo e Concello de Vilalba.
Foto da actividade

 

 

AS PAISAXES DA MEMORIA

Os fíos cos que vou urdindo as miñas historias teñen a súa orixe nos anos da infancia, nunha Vilalba onde aprendín a nomear o mundo: nos contos que escoitei, nos libros e tebeos que lin, nas películas que vin nuns cines que xa non existen, nos fríos días escolares e nas aventuras daqueles veráns luminosos e eternos… Todo segue alí, nas paisaxes gardadas na miña memoria.

 

 

 

A Aelg organizou unha nova edición da homenaxe "O Escritor na súa Terra", que este ano nos leva a Vilalba da man de Agustín Fernández Paz.

Esta homenaxe conleva a distinción de Socio de Honra da Aelg e mais a entrega da “Letra E”, unha figura escultórica elaborada por Silverio Rivas.

 

Expoñemos a seguir o programa do acto, que tivo lugar o día 20 de xuño, sábado:

 

12.00 Parque Agustín Fernández Paz (Barrio das Fontiñas)

 

Plantación dunha bidueira (árbore simbólica do escritor) e descubrimento do Monólito Escultórico. Descubrimento da placa que atribúe o nome do homenaxeado ao parque.

 

Interveñen:

Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG

Mercedes Queixas Zas, Secretaria xeral da Aelg

Agustín Fernández Paz

 

 

 

 

 

13.00  Centro Cultural e Recreativo de Vilalba (Praza da Constitución, s/n)

 

Acto de entrega da “Letra E”

 

Interveñen:

Sr. D. Gerardo Criado, Alcalde de Vilalba

Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG

Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG

Manuel Bragado Rodríguez: Laudatio

Entrega da peza escultórica do artista Silverio Rivas

Intervención do homenaxeado

 

 

14.30  Parador de Turismo de Vilalba (Rúa Valeriano Valdesuso, s/n)

Xantar de confraternidade.

 

Aberto aos/ás socios/as da AELG, á vecindade da Terra Cha e demais persoas interesadas

 

Velaquí o programa en .pdf e mais o cartel da Homenaxe

 

Pode ver máis fotos do acto aquí.

 

 

Anteriores galardoados/as:

 

I Edición

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

1995 • Boa, Taramancos

 

II Edición

BERNARDINO GRAÑA

1996 • Cangas do Morrazo

 

III Edición

MANUEL MARÍA

1997 • Outeiro de Rei

 

IV Edición

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

1998 • Vigo

 

V Edición

XOSÉ NEIRA VILAS

1999 • Gres, Vila de Cruces

VI Edición

 

UXÍO NOVONEYRA (póstumo)

2000 • Parada do Courel

 

VII Edición

LUZ POZO GARZA

2001 • Ribadeo

 

VIII Edición

XOSÉ CHAO REGO

2002 • Vilalba

 

IX Edición

XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO

2003 • Nogueira de Ramuín

 

X Edición

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

ZUNZUNEGUI

2004 • Teis, Vigo

 

XI Edición

PURA E DORA VÁZQUEZ

2005 • Ourense

 

XII Edición

MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

2006 • Vigo

 

XIII Edición

MANUEL LOURENZO

2007 • O Valadouro

 

XIV Edición

XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

2008 • Melide