Por iso, convidámosvos a participar en graffitiRosalía.
A AELG busca ademais institucionalizar o Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.
A AELG promoveu unha serie de actos organizados por concellos, asociación culturais e a propia AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro, no que se conmemora o nacemento da nosa autora.
Rosalía de Castro foi lembrada o día 24 na Costa da Morte: a Asociación de Escritores en Lingua Galega AELG enviou un manifesto e organizou un acto na Ponte do Porto, onde un grupo de poetase e músicos grabou un videopoema en homenaje a escritora do Rexurdimento. Un poema de Rafael Lema con versos de Rosalía e músicado por Xosé María Fernández foi grabado para a súa subida as redes sociais. O video foi realizado pola italiana Sabrina Selva coa axuda de Damián Cibrán. No acto colaboraron Alicia Baña, Anxo Fernández, Walter Hartman, Tracy Saunders ou Clemens Gnadinguer, sobriño de Man de Camelle. Tamén se abriu unha exposición de fotos antigas, de 1880 a 1920.
Martes, 25 de febreiro
Madrid
Convidados por Manuel Pereira, Luz Pichel e Vicente Araguas, que atendían a convocatoria da AELG para homenaxar a Rosalía, percorrido polas rúas madrileñas coa poesía da escritora galega.
Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, a AELG convocou para o día 24 de febreiro deste 2014 o programa graffitiRosalía, dirixido a toda a sociedade galega, e especialmente aos centros de ensino de toda Galiza, para realizaren nos propios centros ou en espazos públicos coa colaboración dos concellos, ademais de lecturas da obra rosaliana, unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
Propúxose a todos os centros educativos de Galicia que, en muros ou paredes habilitadas a tal efecto, nos propios centros de ensino ou nas súas proximidades, grafittearan algún verso de Rosalía de Castro, de modo que o alento da súa voz se faga presente continuo para toda a cidadanía galega.
Esta intervención visual e artística podía ir acompañada do recitado dos seus versos, ou de calquera outra actividade que contribuíra a dinamizar e dar pulo á obra poética de Rosalía de Castro en canto símbolo colectivo.
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega puxéronse á disposición dos centros de ensino os seus medios dixitais e de comunicación e difusión nas redes sociais para recompilar e difundir todas aquelas ligazóns onde as comunidades escolares dispoxeron as súas actividades organizadas para este día. Para isto é preciso que desde os centros nos fagan chegar este material para amplificar o seu coñecemento e visibilidade ao seguinte enderezo: oficina@aelg.org
Estes son os centros que xa nos fixeron as súas achegas. En vindeiros días esta sección irá actualizándose:
Ademais da pintada do verso nunha das pareces da escola xunto coa silueta, crearase un espazo físico no centro ademais dun wix onde colocarán a información. O mural estará composto por diferentes tarefas que as dividimos por ciclos:
Infantil debuxa a Rosalía, 1º ciclo traballa sobre dous poemas, 2º ciclo sobre a súa vida e 3º ciclo sobre obra e repercusión da mesma. A mestra de música está creando un espazo con música de poemas de rosalía, ademais de preparar a obra "Negra sombra" coas frautas.
CEP Pilar Maestu Sierra, A Pobra do Caramiñal
Durante a semana previa esta semana tiveron unha actividade titulada "Rosalía da A a Z" que culminará o luns 24 cun recitado colectivo de poemas e varias presentación informáticas.
O alumnado de 4º da ESO están a preparar um vídeo co poema de Rosalía "Castellanos de Castilla".
CPI Manuel Suárez Marquier, O Rosal
Durante a semana previa realizaron esta actividade, coa participación do alumnado de EP e ESO, e o luns 24 de febreiro fixeron un acto coa lectura da poesía proposta.
Os seguintes actos na honra de Rosalía, desenvolvidos por alumnos de tres continentes, dezaseis nacionalidades distintas e nove linguas nai fusionados de xeito sorprendente no galego.
1.-Actuación o día 24 ás 10:15 h no centro:
- Educación Infantil: Interpretación dunha canción con letra adaptada pola súa profesora.
- Primaria: Un grupo de alumnos interpretará un rap coa letra feita por eles mesmos na honra de Rosalía. Outros recitarán poemas.
- ESO: Un grupo de alumnos cantarán ao son da coñecida canción de Abba, Mamma mía, unha letra composta por eles e os seus compañeiros.
2.-Todos levarán no seu peito unha camelia feita por cada un deles na que vai a “esencia de Rosalía” concentrada dentro da flor expresada cun poema da escitora. Deste xeito despois do acto levarán un anaquiño da homenaxeada ás súas casas, agasallando a flor.
3.- Unha colección de filatelia temática sobre Rosalía estará exposta no centro.
4.- Para atender á convocatoria do graffiti, ao non ter paredes dispoñibles, varios grupos de alumnos están a crear deseños nas fiestras dunha das aulas do centro para facer á Rosalía visible dende a rúa.
Como engadido, o grupo de Secundaria participará ás 20h no acto na súa honra promovido en Ourense polo grupo RosalAuria no Liceo de Ourense.
Graffiti-mural e un programa especial de radio con recitado de poemas por parte do alumnado e música de poemas seus musicados, despois de traballar co libro Rosalía pequeniña nas aulas.
Comezaron con actividades desde o día 21. O 24, recital de Lucía Aldao e María Lado.
IES de Rodeira, Cangas
Colocaron paneis no enreixado exterior do instituto. Un alumno de Bacharelato que é grafiteiro pintou con sprais o nome de Rosalía a primeira hora do 24 de febreiro e logo irá baixando o alumnado de todas as aulas da ESO para pintar con ceras un par de versos dun poema (distinto en cada aula) que previamente traballaron na aula e que recitaron completo.
O día 24 sairon pola vila repartir poemas e murais: polas rúas, na praza de abastos, casa de cultura, centro de saúde, bares, froitería, farmacia, ferraxaría,....
O equipo de Normalización do IES Illa de Sarón de Xove (Lugo) xunto co Departamento de Plástica organizou un concurso de deseño de graffitis para celebrar o Día de Rosalía. Os mellores graffiteiros, de 2º de ESO e 2º de PCPI. A proposta hoxe decora os muros do pavillón do centro, un espazo ben visible para tod@s:
Este é o vídeo do proceso:
IES Armando Cotarelo, Vilagarcía
Abel, Gabriel, Carla, Alexia, Anás e Fran.
Colexio Compañía de María, Santiago de Compostela
Convocados pola AELG, o día 24 de febreiro celebraron o día de Rosalía de Castro. Durante a semana anterior traballouse nas aulas a figura da nosa escritora máis sobranceira e, ese día, logo da lectura en común dunha escolma de poesías rosalianas, unha representación de cada aula, saíu adornar o colexio coa poesía de cores coa que a homenaxeamos.
Homenaxe a Rosalía realizada polos alumnos e alumnas do Primaria:
CEIP Rosalía de Castro, Xinzo de Limia
O día 24 de febreiro, despois de escoller e preparar uns versos de Rosalía, todo o alumnado do Centro e máis unha ex alumna artista adornamos desta maneira as paredes do noso patio.
Compilación das actividades organizadas polo noso centro para celebrar o día de Rosalía.
IES de Chapela, Redondela
O EDLG do IES de Chapela sumouse á iniciativa do Graffiti Rosalía: a fenda nos muros.
Acordaron facer un recitado colectivo, coa participación de representantes de todos os cursos, profesorado, persoal non docente e nais e pais. Ademais, alumnado de 3º da ESO deseñou un mural.
Choveu e choveu durante xaneiro e febreiro e resultou imposible inaugurar o mural o día de Rosalía.
Finalmente foi o 10 de marzo o día da homenaxe.
Este é o vídeo coa crónica da actividade:
IES Valle Inclán, Pontevedra
Varias alumnas colaboraron no deseño duns graffiti que quedaron colgados nos corredores do centro. Ademais durante toda a mañá do día 24 os alumnos baixaron á biblioteca coas súas profesoras de galego e recitaron poemas ante os seus compañeiros/as.
O centro quere convertir esta data nun día de celebración todos os anos e por iso se sumou á chamada da AELG para facer visible a figura de Rosalía nos centros de ensino.
Fixeron esta foto con versos de Rosalía, ao pé da estatua de Carolina Otero, "A Bella Otero" (que algún día dixo: "Non nacín para ser domesticada...")
A AELG convocou a cidadanía a participar desas actividades.
Por outra banda, a AELG vén solicitando desde 2011 aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron nun número de 29, sumándose tamén a propia Deputación da Coruña. A AELG seguirá a llelo solicitar aos que non o fixeron aínda. Así mesmo pediralles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.
No pasado 2012 a AELG promoveu unha moción a presentar nos concellos do país para instaurar o 24 de febreiro como Día Rosalía de Castro e, así, organizaren actos de celebración. A moción foi aprobada en Allariz, Ames, Betanzos, Carballo, Carnota, Cedeira, Deputación Provincial da Coruña, Deputación Provincial de Lugo, Fisterra, Foz, Lalín, Lobeira, Muros, Narón, Ourense, Padrón, A Pobra do Brollón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rois, O Rosal, A Rúa de Valdeorras, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade.