Xosé Antonio
Perozo Ruíz

Xosé A. Perozo, (Llerena, Extremadura, 1951). Escritor, editor e xornalista. Reside en Galicia desde os anos setenta. Dirixiu gabinetes de comunicación política durante máis de corenta años e traballou para diversos medios de comunicación escritos (El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El País) e audiovisuais (TVG, La Voz de Vigo, Radio Galega, Cadena SER), destacando como comentarista e articulista de actualidade cultural e política. Foi director da Enciclopedia Galega Universal (EGU), presidente de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil).

Da súa produción para adultos destacan os títulos Coral de lirios morenos, Puerto Hurraco, la furia del carnero, Rosas para Gabriela, 5 de agosto de 1936, Martázul (Premio Blanco Amor, 2001), Segunda convocatoria, Espérame e Rumores de Compostela; dentro da súa literatura enfocada ao público infantil e xuvenil destacan Contos máxicos, Claudina volveu, Nada no país dos números, Aquellos días malditos, O enigma de Embívicus, Caderno de Riparia/Atrapados en Riparia (Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2003), Unha mensaxe para Sara, O vento de Antón, Vanesa non quere ser princesa, Telma, Leire o os coellos sabios e Miguel, una cabrita y un sueño.

[Xaneiro, 2019]