Tras licenciarse en Historia da Arte e formarse como actriz, traballa arredor da práctica escénica e da escrita. Como poeta gañou o VII Certame Francisco Añón co poemario De porta un Horizonte e publicou O Son da Xordeira en Espiral Maior no 2003, (Retro)visor no 2010 (Finalista nos premios AELG) e o Cuarto das abellas (2016) (Mellor libro de poesía na II Gala do Libro Galego), ámbolos dous en Xerais. No 2017 publica O branco non pinta!, a súa primeira obra para público infantil, editada por Apiario. O seus textos poden lerse tamén en multitude de publicacións colectivas e revistas. Dende 2014 codirixe Apiario. Leva anos dedicada a coordinar cursos de arte, poesía e escrita creativa tanto para entidades públicas como privadas. Podes visitar a súa páxina persoal.
[Xaneiro, 2018]