DAVID OTERO (Compostela 1946). Veciño e amoroso da Estrada.
Mestre e Escritor. Animador á Lectura. Aprendiz de "facedor de encontros e de contos". Notable en "esperanzas". Multiplicador do que lle produce pracer cando o escoita. Grabador de silencios e de antónimos. Favorecedor de voces e sinónimos. De imaxinacións e de fantasías (poli)valentes. Un tipo galego con gusto por (re)coñecer ecos. Apañador de non pouco. Lector de escrituras nos aires. Un algo parteiro de sorrisos (e dalgúns risos, non tantos como lle gustaría).
Velaí pois a un sentido (con)sentido. Un h(r)umoroso para efectos de sorpresas. Un normaliño (in)evitable e (a)moroso (des)medido. Un galego en camiño de madurar, agardando, pero andando.....("que meu amigho...¡iso éche moito!").
Membro Fundador do Pen Clube de Escritores Galego, de Galix (Asc. Galega do Libro Infantil e Xuvenil), da Fundación Castelao, da A.C. "O Brado". Membro da Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro, do Patronato San Martiño, do Colectivo Cultural Estradense,da Asociación dos Amigos dos Pendellos da Golada, do Movemento de Renovación Pedagóxico Nova Escola Galega, da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e de Irimia. da Irmandade Manuel María da Terra Cha e da de Avelino Pousa Antelo.
Participa en actividades de Colectivos de Renovación Pedagóxica nas Áreas de Lingua Galega, Animación á Lectura e Psicomotricidade. Formou parte do equipo redactor dos Programas de Lingua e de Literatura Galegas para o ensino non universitario, así como colaborou na autoría de Libros de Texto de Lingua Galega nas editoriais Xerais e Galaxia. Foi codirector da colección Árbore de Literatura Infantil da editorial Galaxia.
Como autor ten publicado:
1. Literatura Infantil e Xuvenil:
- Cousas para facer, dicir e pensar, O albendar dos animais e Por se che pasa (na colección A Tartaruga-ed.Galaxia).
- A verdade na bufarda e Chano (na colección Árbore-ed. Galaxia).
- Contos de ir e volver (colección Nabarquela-ed. Ir Indo).
2. Biografías:
- Castelao corenta anos despois (ed. O Castro).
- A vida de Rafael Dieste, A vida de Xesús Ferro Couselo, Don Eladio Rodríguez González, (na colección Árbore da ed. Galaxia).
- Castelao (na colección Biografías da ed. Ir Indo).
- Bonifacio Suárez. Voz poética do Agrarismo.
3. Didáctica da Lingua Galega:
- ¿Que facer coas palabras? (colección Ágora da ed. Galaxia).
4. Poesía:
-Para iso está o futuro (ed. A Fervenza).
5. Narrativa:
- Castromil no espello de Compostela (colección Contos do Castromil, ed. Ir Indo).
- Nun Bambán de non virar baldo. Ed. TresCtres.
- Ramón de Liripio. Un colo no que contar. Ed. Fundación Cultural da Estrada.
6. Colaboración en Libros Colectivos:
- Contos da xustiza (Ed. Ir Indo)
- Manuel D. Varela Buxán, O Patriarca do Teatro Galego (Col. Deza Básicos, nº 3).
- Polos camiños da literatura, Escritores Galegos do PEN (ed. Pen Clube de Galicia-Xunta).
- Manuel Reimóndez Portela na Lembranza (ed. O Castro).
- Un futuro para a lingua (ed. Xunta de Galicia).
- Manuel María (Ed. Ophiusa).
- Territorio auroral (ed. Consorcio de Santiago).
- Actas Congresos Castelao (ano 1986 e 2000). Ed. Fundación Castelao e Xunta de Galicia.
- Actas Congreso Eladio Rodríguez González (ed. Xunta de Galicia).
- Meniños (Ed. Xunta de Galicia).
- Dez anos creando ilusións (Ed. Centro Xuvenil Don Bosco).
- E dixo o corvo (ed. Hospital Xeral de Galicia e Xunta de Galicia).
- Contos para nenos (ed. Citania).
- Contos de ler e contar (Consellería de Cultura).
- Narradio, 56 historias no ar (ed. Xerais).
- Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo (ed.Xosé Méndez e X. Lois García).
- VI Forxa Literaria, Encontros Culturais no Rural (ed. Fundación Casa Museo "A Solaina" de Piloño).
Colaborou e colabora en distintas revistas e xornais como: El Correo Gallego, O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Voz de Vilalba, Galicia Dixital, Revista Galega de Educación, Fadamorgana, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra, Tabeirós Terra, El Progreso, Sermos Galiza.
[Marzo, 2017]