Fernando Patricio Cortizo
A Coruña, 1972.
Historiador naval e investigador de naufraxios.
LIBROS EDITADOS
-Manual do alumno de mergullo con tubo. Edicións Lea, Santiago de Compostela, 1999.
-Historia da Costa galega e dos seus naufraxios S. I-S. XIX. Edicións Lea, Santiago de Compostela, 2000.
-Historia da Costa galega e os seus naufraxios S. XX. Xerais, Vigo, 2004.
-Escarnio: La tragedia gallega del Prestige. Imp. San Esteban, Fene, A Coruña, 2005.
-De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam. Edicións Embora, Ferrol, 2014. (Coautor xunto a Xabier Maceiras Rodríguez).
OUTRAS PUBLICACIÓNS
-Autor da listaxe de naufraxios incluidos no CD-ROM, Tesoros del mar de Galicia. Edicións Lea, Santiago de Compostela, 2000.
-Naufraxios. Enciclopedia Galega, Lugo, 2005.
-Mareas Negras. Enciclopedia Galega, Lugo, 2005.
-Notas dun antigo naufraxio en Cobas. Revista Cultural Columba n°14, marzo de 2014, pp. 40-81. (Coautor xunto a José López Hermida).
COLABORACIÓNS
-Redactor das seccións de Actualidades e Bioloxía na revista Espacio submariño, nos números 0, 1, 2, 3, 4, 5.
-Autor da reportaxe, O naufraxio do Nantes, no n° 2 da revista cultural O Talieiro.
-Autor da reportaxe: El patrimonio sumergido en Galicia, para a revista conmemorativa do XLIX Cpto. de España de Pesca Submarina celebrado en A Coruña e organizado polo Clube do Mar de San Amaro.
-Convidado á TVG en tres programas adicados ós naufraxios nos anos 2000, 2001 e 2004.
-Convidado pola canle Cuatro Televisión, para facer unha reportaxe sobre os naufraxios na Costa da Morte, para o programa 4° milenio, no mes de xaneiro de 2010.
-Autor na edición de Ferrol, para o xornal La Voz de Galicia, en catro reportaxes ó longo dos anos 2003, 2004 e 2005.
-Autor do limiar do libro: O mar de Arteixo e os seus naufraxios, escrito por Xabier Maceiras Rodríguez, editado por la A.A.CC. Monte da Estrela, no mes de xaneiro de 2013.
RADIO
Convidado semanalmente en Radio Roncudo no programa: O embigho do fin do mundo, presentado por Suso Lista e feito ó longo do ano 2009, coma narrador dos episodios históricos sufridos pola costa galega, tanto nas súas numerosas invasións, coma nos seus naufraxios.
CONFERENCIAS
-Naufraxios en Galicia, II Xornadas de Historia e Cultura de Porto do Son, agosto de 2003.
-Os naufraxios na costa de Ferrolterra, S.C. Columba, Cobas, Ferrol, octubre de 2004.
-Mareas negras. Escarnio: la tragedia gallega del Prestige. Casino do Seixo, Mugardos, febreiro de 2006; Casino da AA.VV. San Xóan, Narón, xullo de 2006.
-Naufraxios nas rías de Ares e Ferrol, Casino de Mugardos, xullo de 2006.
-Naufraxios na ría de Corme e Laxe, Casa del Mar de Corme e organizada pola AA.VV. Eduardo Pondal, decembro de 2006.
-1° Encontro: Man de Camelle organizado polo concello de Camariñas en Camelle, novembro de 2007.
-2° Encontro: Man de Camelle organizado polo concello de Camariñas en Camelle, decembro de 2008.
-Naufraxios na ría de Corme e Laxe. Organizada por Suso Lista e a Confraría de pescadores de Corme, xaneiro de 2008.
-I xornada cultural Conversas Atlánticas. Organizada pola AA.VV. Eduardo Pondal, Casino de Corme, decembro de 2009.
-Naufraxios no mar de Caión, xunto a Xabier Maceiras Rodríguez, organizada por Marcos E. Amado, director do Arquivo da Pesca de Caión e pola Confraría de Pescadores de Caión, agosto de 2013.
PRESENTACIÓNS E OUTROS ACTOS
-Presentación do libro, Historia da costa galega e os seus naufraxios no Club do Mar de San Amaro, A Coruña, decembro de 2000.
-Presentación do libro, Historia da costa galega e dos seus naufraxios S.XX, en la libraría Librouro en Vigo, xuño de 2004; feria do libro de A Coruña, agosto de 2005.
-Presentación do libro, Costa da Morte. Un país de sueños y naufragios, de Rafael Lema Mouzo, en xaneiro de 2012 en Muxía; marzo de 2012 no Náutico de A Coruña.
-Lectura dun manifesto homenaxe a Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, co gallo do 10° cabodano do seu finamento, na Casa do Alemán en Camelle, o 28 de decembro de 2012.
-Presentación do libro: O mar de Arteixo e os seus naufraxios, de Xabier Maceiras Rodríguez, o 15 de febreiro de 2013, na librería A Lus do Candil de Arteixo.
-Presentación do libro: De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam, xunto a Xabier Maceiras Rodríguez; Confraría de Pescadores de Malpica, 11 de xaneiro de 2014; na AA. CC. Alexandre Bóveda de A Coruña, 30 de xaneiro; Libraría Alus do Candil de Arteixo, 14 de febreiro; na AA.VV. Agra do Orzán, en A Coruña, 20 de marzo; na Biblioteca veciñal da AA.VV. Atochas-Monte Alto, o 21 de marzo; Librería Brañas de Carballo, 5 de abril; Arquivo da Pesca de Caión, mes de xullo; Fundación Pondal, O Couto, Ponteceso, mes de novembro; Biblioteca S. C. Columba, Cobas, Ferrol, mes de decembro; Salón azul do Liceo de Betanzos, xunto a Xurxo Souto que presentaba no mesmo acto, Contos do Mar de Irlanda, 6 de febrero do 2015; Pub A Gavilla, Corcubión, 21 de febreiro.
ROTEIROS
Mares, ventos e rochas da Torre, xunto a Milucho Mariñas e Xurxo Souto, xullo de 2012.
I Edición do Roteiro Literario e Cultural de Caión, 7 de xullo de 2014.
I Roteiro Lugrisiano en Malpica, setembro de 2014.
EXPOSICIÓNS
Creación da exposición fotográfica Galiza: Terra e mar, que consta de tres coleccións: Ferrolterra e Ortegal, Costa da Morte e Atlántida de Breogán. Ó longo do 2006 foi exposta ó público no Casino do Seixo (Mugardos); C. C. Odeón (Narón); AA.CC. Ceibe San Xiao (Narón); Casino de Mugardos; Cafetería Lembranza (Fene); Librería Cartamar (A Coruña); C.C Odeón (Narón) outubro de 2007; Casa do Alemán, Camelle, novembro de 2007; Cafetería El Café, Ferrol, abril e maio de 2008; Bar O Casino, Corme, do 30 de decembro de 2009 ó 12 de xaneiro de 2010.
PREMIOS E GALARDÓNS
Obtido 2° premio, na XV edición do concurso fotográfico, Ramón Caamaño Bentín, Muxía, decembro de 2007, pola fotografia Peirao ancorado no tempo.
[Maio, 2015]