Beatriz
Maceda Abeleira

Beatriz Maceda Abeleira, naceu na Coruña en 1963. Aos cinco anos vai vivir a Vilalba.

Estuda na Escola Universitaria de Maxisterio, Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realiza estudos de Posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto.

No ano 1995 casa e volve vivir na Coruña.

Leva exercendo o ensino desde hai 15 anos, e tamén imparte cursos e realiza traballos sobre Ensino Global.

Publica os relatos “Ela” e “Tuerka 27” na revista Tempos Dixital. En decembro de 2012 presenta o seu primeiro libro, un álbum ilustrado co título Man. O alemán de Camelle (Galebook), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade.

[Maio, 2013]