Naceu no Páramo (Lugo) en 1983. É licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou estudos de Doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
Desde o ano 2007 forma parte do consello de redacción da revista Dorna, e ten publicado textos da súa autoría en diversas obras e proxectos colectivos, ademais de participar en numerosos recitais. En 2012 publicou o seu primeiro poemario, Fase de trema, en Espiral Maior, co que gañou a XXIV edición do Premio Pérez Parallé.
[Decembro, 2012]