Cristina
Corral Soilán

Lugo (1976)

Escritora, xornalista e profesora de secundaria de lingua e literatura española.

É xornalista e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela (UCJC) e a Universidade de Santiago (USC) respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa.

Realizou os Cursos de Doutorado no programa de Educación, Diploma de Estudios Avanzados (DEA) en Educación e Creatividade: Aplicacións Tecnolóxicas, Sociais e Psicopedagóxicas na UCJC.

Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso de Lugo e na axencia de novas Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo. Na actualidade exerce como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española.

É autora dos poemarios Anxos de Pedra (Scio, 2001) e Esencia de Trementina (Scio, 2008). Escribe contos, teatro e cancións para nen@s e colabora con diversas revistas como Xistral ou Trasluz.

Colabora con diversos medios dixitais como Galicia Digital, Praza Pública ou Galicia Confidencial, ademais de ser coeditora do fanzine sociocultural online A Revolta.

Prepara a súa tese no departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da USC en torno ó tema da Educación da Muller dende a época republicana á franquista, mentras estuda o Grao de Educación Primaria na UDC.


[Decembro, 2017]