María del Carmen
Ferreira Boo

Mª del Carmen Ferreira Boo é doutora en Filoloxía e diplomada en Criminoloxía. Profesora de Educación Secundaria, actualmente traballa como docente de Didáctica na Universidade da Coruña. Colabora nos proxectos de investigacións do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: "Informes de Literatura" e "Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil", dirixidos por Blanca-Ana Roig Rechou. É membro do personal científico do ICE-USC, colaboradora da rede temática de investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI) e membro da Asociación ELOS (Asociación galego-portuguesa de investigación en literatura infantil e xuvenil), sección da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Participa en cursos, encontros, congresos e xornadas nacionais e internacionais con comunicacións e obradoiros. É autora de artigos, estudos e recensións sobre Literatura infantil e xuvenil galega en monografías colectivas e en diferentes publicacións periódicas, como o Boletín Galego de Literatura, ANILIJ, Malasartes, Moenia. Tamén colabora en El Correo Gallego na páxina quincenal dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil Galega.

[Febreiro, 2019]