Elena
Gallego Abad

Xornalista en tempos de crise e domadora de dragóns en mundos literarios. Así resume Elena Gallego Abad a súa su ampla traxectoria profesional, ligada nos últimos anos a diversos medios de prensa y radio galegos, e o seu traballo como escritora.

Nacida na cidade de Teruel en 1969 e afincada en Galicia desde ben cativa, Elena Gallego Abad é autora, entre outras obras, da triloxía Dragal. As súas novelas, recoñecidas por lectores e crítica, están conseguindo que os dragóns volvan ocupar un lugar destacado entre as preferencias dos lectores galegos. De todas as idades.

Os seus personaxes tamén conquistarán as pantallas, a través dun ambicioso proxecto audiovisual do que Dragal é protagonista e que neste intre se encontra en fase de preproducción. As tres novelas de Dragal conforman a primeira triloxía fantástica creada e publicada en lingua galega (Edicións Xerais). Dragal I, a herdanza do dragón foi finalista del IV Premio Fundación Caixagalicia de literatura xuvenil en 2009 e recibiu o premio Frei Martín Sarmiento 2012 (outorgado por alumnos de centros católicos de Galicia). Trala publicación de Dragal II, a Metamorfose do Dragón (2011) e Dragal III, a Fraternidade do Dragón (2012), a saga literaria terá continuidade con novas entregas.

Elena Gallego Abad é integrante da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix). Periodista do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia (CPXG) e membro da Federación Internacional de Periodistas (FIP), Elena Gallego Abad recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo 1998 no seu apartado de medios audiovisuais.

[Setembro, 2013]

Elena Gallego Abad naceu en Teruel en 1969 por unha serie de rocambolescas circunstancias familiares que non veñen a conto. O caso é que de contado se desprazou coa súa familia a Galicia e, por cousas do destino, os seus pais decidiron afincarse en Verín (Ourense).

Vivir ao acubillo dunha fortaleza medieval como é o castelo de Monterrei, en territorio raiano, imprime carácter. Ese foi, quizás, un dos motivos que levou a Elena Gallego Abad a soñar dende sempre outras historias posibles, aínda que os seus primeiros pasos literarios tiñan o sabor de versos adolescentes. Gran lectora dende sempre, o primeiro ensaio de novela, escrito naquela época, estivo moitos anos gardado nun caixón da casa familiar de Verín.

Xornalista cunha ampla traxectoria profesional en medios de comunicación galegos, tanto prensa escrita como radio. Membro do Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), traballou en distintos medios de diversas localidades galegas. Dende 1987 a 1999 desempeñou labores de locutora e redactora nas emisoras de Radio Ourense (Cadena Ser), Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia R.adio en Verín e Onda Cero Ourense (Uniprex). No período 1994-1996 colaborou como redactora e fotógrafa en distintas delegacións dos xomais La Voz de Galicia e La Región. No ano 1998 recibiu o Premio «Xosé Aurelio Carracedo» de Xornalismo (Deputación Provincial de Ourense) no apartado de «Medios Audiovisuais», pola produción e realización do programa A Fiestra, emitido en Onda Cero Ourense. En 1999 incorporouse ao cadro de persoal de Faro de Vigo nas súas delegacións de Ourense e Pontevedra, e dende 2002 traballa en Cangas do Morrazo.

Integrante da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix), Elena Gallego Abad é autora da triloxía Dragal, o último dragón galego. A primeira novela, Dragal. A Herdanza do dragón, editada por Xerais en 2010, foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil en 2009 e recibiu o premio Frei Martín Sarmiento 2012 (categoría 1º e 2º ESO); en 2011 publicaríase Dragal II. A Metamorfose do dragón e en 2012 Dragal III. A Fraternidade do dragón.

[Abril, 2012]