Carlos Caetano Biscaínho Fernandes
(A Coruña 1968)
Actor, profesor e ensaísta especializado no sistema teatral galego. No ámbito actoral, seguiu estudos de Arte Dramática con Arkadi Nemirovski, Doina Fagadar, Liudmila Ukólova, Ángel Gutiérrez, Claude Buchvald e Jacques Nichet, e, para alén do seu traballo nos palcos, tense dedicado á formación de intérpretes, á crítica de espectáculos e á investigación do campo teatral galego, con especial atención ao papel da lingua como norma sistémica.
Ten publicado as monografías Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas (2017) -gañadora do XXI Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística ou Ensaio-, Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego (2008), A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral (2007) e Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación do actor (2004). Aliás, é coautor dos volumes O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía (2002) e Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego, 1990-1999 (2000).
Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa, na actualidade exerce como profesor na Universidade da Coruña.
[Xuño, 2017]