Isabel
Soto

Mª Isabel Soto López naceu en 1969 en Vigo, Pontevedra.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1992 na Universidade de Santiago de Compostela. Coa Memoria de Licenciatura Heraclio Pérez Placer. Obra narrativa completa en galego. Edición e análise literaria graduouse en 1998.

Experiencia investigadora no Centro Ramón Piñeiro:

- [1994-1998] Bolseira de investigación no proxecto "Diccionarios de Literatura" baixo a dirección do profesor Anxo Tarrío.

- [1995-1998] Axudante de coordinación do proxecto "Informes de Literatura". Desde 1999 colaboradora no proxecto como redactora.

- [1999-2002] Contratada como investigadora experta en teoría literaria dentro do proxecto "Diccionarios de Literatura".

Actualmente está a realizar a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre o tema Formación e análise da crítica literaria galega.

[2008]