(1944 - 2007)

Xosé M.
López Ardeiro

Naceu o 15 de Xuño de 1944, en Chancela-Logrosa, NEGREIRA.

Traballou no Rexistro de Propiedade de Negreira ata xuño do 2006.

Foi membro fundador da Sociedade Cultural "Afonso Eanes" de Negreira.

Foi asimesmo membro fundador, e é actualmente Secretario, da ONG "Alén Mar".

Participou en diversas actividades sociais e culturais, e na política da esquerda nacionalista.

Formou parte do orfeón compostelán "Terra a nosa".

Colaborou nos libros Coroa Poética para Castelao, de Xesús Alonso Montero; Negreira na guerra do 36, Arredor do Centenario de Rosalía, 1985, 0 centenario de Castelao na lembranza, 1986, Feiraco e o Val de Barcala-Un camiño de progreso, Maruxa na Casa Museo de Rosalía e Vinte anos trobando coa cultura. Afonso Eanes, 1976-1996, de Xosé Amancio Liñares Giraut; e Valle Inclán, o que non fenece, de Xosé Barreiro Luaña.

Colaborou nas revistas Ateneo Ferrolán, Concepción Arenal, Ferrol análise, Dorna, 24 follas, no Boletín Afonso Eanes, e na prensa galega, especialmente no xornal O Norte, no cal levou un tempo a sección "Sempre haberá poesía".

Os seus seis libros publicados foron prologados, respectivamente, por: Xosé-A. Ponte Far, Xosé-Amancio Liñares Giraut, Avelino Abuín de Tembra, Luís Alonso Girgado, Luisa Villalta e Xulio-L. Valcárcel.

Da súa obra literaria fixeron reseñas en xornais ou revistas, Xosé-A. Ponte Far, XoséAmancio Liñares Giraut, Román Raña, Helena Villar, Xulio L. Valcárcel, Vicente Araguas e Manuel Alvarez Torneiro.

Premio Cidade de Ourense, Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro.

[Abril, 2007]