Xulio Pardo de Neyra (Lugo 1968)
Profesor Titular da Universidade da Coruña, foi profesor das Universidades de Compostela, Estremadura e Católica Portuguesa. Superou as Probas Nacionais de Habilitación para o Corpo de Profesores Titulares de Universidade. É Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutor en Historia Contemporánea pola mesma Universidade e Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e Literatura pola Universidade de València, sendo a única persoa que conta con tres Doutoramentos e tres Teses de Doutoramento no Estado Español. Desde moi novo colaborou coa prensa escrita lucense, publicando o seu primeiro libro aos dezanove anos. Actualmente ten publicados unha trintena de ensaios centrados no estudo da literatura galega medieval, da do Barroco e da contemporánea, na introdución do vangardismo nas letras galegas, na literatura infantil, no republicanismo ou, por caso, no estudo da literatura pornográfica. Foi director da revista A literatura galega na Escla e participou en numerosos congresos e simposios, tanto nacionais como internacionais e, así mesmo, ten organizado varias xornadas.
[Setembro, 2013]
Xulio Pardo de Neyra (Lugo, 1968)
Dr. en Filoloxía Galega e Dr. en Historia Contemporánea, sofre actualmente a desgrazada emigración intelectual á que se ven obrigados moitos valores da Galiza, desempeñando o seu labor profisional como profesor titular na Universidade da Estremadura (España). Está habilitado para o corpo de profesores titulares na Área de Filoloxías Galega e Portuguesa.
Comezou a colaborar en prensa escrita desde moi novo e o seu primeiro libro, a biografa Gustavo Freire: o grande esquecido, viu a luz en 1988. Amais doutros traballos de carácter histórico, no eido da Filoloxía Galega é autor dunha vintena de libros.
Ten participado en numerosos congresos, tanto internacionais como nacionais e estatais, e o seu labor docente esténdese ás Universidades de Compostela e Évora. En idioma castelán ten publicado os libros La arrebatadora entrada de Salomé en el templo. Mujer y erotismo en la vanguardia española e Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos.