Rosa
Aneiros

Meirás-Valdoviño, 1976. É xornalista e investigadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección Agardando as lagarteiras), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), Compostelán, El País Semanal, Cerna, Faneka brava, Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática.

En 1999 presentou a súa primeira novela Eu de maior quero ser (Editorial Sotelo Blanco) á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (Laviovento, 2002), Resistencia (Xerais, 2003), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras (culturagalega.org , 2003) e Veu visitarme o mar (xerais,2004).

Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Edicións Xerais de Galicia, 2000); Relatos (Librería Cartabón de Vigo,1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (Edicións do Castro, 2001), Seis ferroláns (Edicións Embora, 2003), Alma de beiramar perdida (A Nosa Terra, 2003), Botella ao mar (AGAV,2003) e Narradio (Xerais, 2003).

Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001) e o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003).