Chus
Nogueira

Berres, A Estrada. Doutora en Filoloxía Galega e profesora na Facultade de Humanidades de Lugo. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía contemporánea.

Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal. Na actualidade éo do Boletín Galego de Literatura e colabora do portal culturagalega.org.

Publicou Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro (Sotelo Blanco, 1993) e Álvaro Cunqueiro. Narrativa curta. Antoloxía (A Nosa Terra, 1997) e colaborou na Historia da literatura galega (A Nosa Terra, 1997) e no volume A Literatura desde 1936 ata hoxe: poesía e teatro (Hércules de Ediciones, 2001) e outras obras colectivas. É ademais autora de artigos en volumes colectivos e revistas, onde tamén publica con regularidade crítica literaria.