Xosé
Luna

A Estrada, 1965. Estudou maxisterio e logo licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como mestre no CEIP do Foxo da Estrada. Colaborador en diferentes medios de comunicación, foi director de Edicións Fervenza entre 2000 e 2015. Como escritor cultivou a poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio. Foi fundador da Festa da Poesía, partido de fútbol a prol da lingua e o Premio de Teatro Mome Varela Buxán.

Como escritor ten publicado:

POESÍA

- [2003] Memorias do Cairo (Premio de Poesía Avelina Valladares).

- [2004] A Marcial Valladares (Fundación Cultural da Estrada) co gallo do Centenario do seu pasamento.

- [2005] Stradapop (Ed. Librería Ler).

- [2012] Sol Rebulideiro (Técnicas and Gramaxe).

- [2014] O Libro dos bicos (Ed. Embora).

- [2018] A Estrada da Vida (Ed. Artesón Producións. Poemas musicados polo cantautor Manoele de Felisa.

- [2020] O Tempo entre as mans (Ed. Fervenza).

NARRATIVA

- [1999] As cometas da vida (Premio Roberto Blanco Torres).

- [2000] O ano das mimosas (Ed. Fervenza).

- [2001] O último tango da noite (Ed. Concello de Lalín).

ENSAIO

- [2000] Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego (Seminario de Estudios de Deza).

- [2004] Onde o sol facheaba ao amañecer. Vida e obra da Cantora da Ulla Avelina Valladares Núñez (Ed. Fouce).

- [2003] Marcial Valladares Núñez. Cantigueiro popular (Ed. Fundación Cultural da Estrada).

- [2006] 90 Cousiñas (Técnicas and Gramaxe).

- [2007] No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior (Espiral Maior).

- [2008] Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Xerais).

- [2016] Da literatura e outras cousiñas (Ed. Embora).

ARTE

- [1999] A Estrada Románica (Edicións Fouce).

TEATRO

- [2000] Coordinador do libro, Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. (Ed. Seminario de Estudios de Deza, colección deza básicos n°3).

- Estudio da comedia: Ollo cos estudantes, do estradense e académico Manuel Bergueiro López (Ed. Fervenza, A Pinguela Teatro Escolar n° 7).

- Estudio da obra: ¿Pista ou Peste? de Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Fervenza, A Pinguela Teatro Escolar n° 12).

- Traducción e adaptación da obra: Gracias, Padre Ramón de Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Seminario de Estudios de Deza).

- Recuperación e Edición crítica da obra de Marcial Valladares, Conversa entre arrieiros (Ed. Fervenza, A Pinguela Teatro Escolar n° 19).

Ten colaborado en distintos xornais e revistas do país.