Xosé
Luna

A Estrada, 1965. Estudou maxisterio e logo licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como mestre no CEIP do Foxo da Estrada. Colaborador en diferentes medios de comunicación, foi director de Edicións Fervenza entre 2000 e 2015. Como escritor cultivou a poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio. Foi fundador da Festa da Poesía, partido de fútbol a prol da lingua e o Premio de Teatro Mome Varela Buxán.

Como escritor ten publicado:

POESÍA

- [2003] Memorias do Cairo (Premio de Poesía Avelina Valladares).

- [2004] A Marcial Valladares (Fundación Cultural da Estrada) co gallo do Centenario do seu pasamento.

- [2005] Stradapop (Ed. Librería Ler).

- [2012] Sol Rebulideiro (Técnicas and Gramaxe).

- [2014] O Libro dos bicos (Ed. Embora).

- [2018] A Estrada da Vida (Ed. Artesón Producións. Poemas musicados polo cantautor Manoele de Felisa.

- [2020] O Tempo entre as mans (Ed. Fervenza).

NARRATIVA

- [1999] As cometas da vida (Premio Roberto Blanco Torres).

- [2000] O ano das mimosas (Ed. Fervenza).

- [2001] O último tango da noite (Ed. Concello de Lalín).

ENSAIO

- [2000] Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego (Seminario de Estudios de Deza).

- [2004] Onde o sol facheaba ao amañecer. Vida e obra da Cantora da Ulla Avelina Valladares Núñez (Ed. Fouce).

- [2003] Marcial Valladares Núñez. Cantigueiro popular (Ed. Fundación Cultural da Estrada).

- [2006] 90 Cousiñas (Técnicas and Gramaxe).

- [2007] No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior (Espiral Maior).

- [2008] Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Xerais).

- [2016] Da literatura e outras cousiñas (Ed. Embora).

ARTE

- [1999] A Estrada Románica (Edicións Fouce). Reeditado en 2020 por Ed. Fervenza.

TEATRO

- [2011] Tulipáns Vermellos (Ed. Fervenza).

- [2016] As aventuras de Odiseo (Ed. Embora).

TRADUCIÓNS

- [2003] Gracias, Padre Ramón, de Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Seminario de Estudios de Deza).

EDICIÓNS

- [2003] Edición e unidade didáctica de Ollo cos estudantes de Manuel Bergueiro López (Ed. Fervenza).

- [2003] ¿Pista ou peste?, de Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Fervenza).

- [2005] Salaios dun vello labrego, de Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Fervenza).

- [2014] Conversa entre arrieiros, de Marcial Valladares Núñez (Ed. Fervenza).

OBRAS COLECTIVAS

- [2000] Coordinador do libro Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. (Ed. Seminario de Estudios de Deza, colección deza básicos n°3).

- [2001] ¿Nós? Coma vós (Ed. Concello de Lalín).

- [2002] Antonio Fraguas Fraguas Lalín, lembranza de tempos idos. En Descubrindo (Ed. Seminario de Estudos de Deza).

- [2005] Palabra de autor Palabra de autora (Ed. CRTVG / Asociación Galega de Editores).

- [2005] Poesía Contemporánea, Tabeirós – Terra de Montes. Carlos Loureiro Rodríguez, coordinador. (Ed. Fervenza).

- [2005] Narrativa Contemporánea Tabeirós – Terra de Montes. Carlos Loureiro Rodríguez, coordinador. (Ed. Fervenza).

- [2005] VII Forxa Literaria (Ed. A Solaina de Piloño).

- [2006] A Estrada. Imaxes para a lembranza I (Ed. Fervenza, 2006).

- [2007] No país da irmandade. Homenaxe a Francisco Pillado Maior (Ed. Deputación da Coruña / Universidade da Coruña).

- [2008] Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego, en Descubrindo (Seminario de Estudos de Deza, 2008).

- [2010] En galego agora e sempre (Ed. Pío García Edicións, 2010).

- [2011] Dairas (Ed. IES Manuel García Barros, 2011).

- [2011] Forxa Literaria (Ed. A Solaina de Piloño, 2011).

- [2013] Pedigree (Ed. Concello da Estrada, 2013).

- [2016] Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohán Xesús González (Ed. Fervenza, 2016).

- [2016] Homenaxe a Olimpio Arca Caldas. Un Mestre do pobo (Ed. Técnicas and Gramaxe, SL, 2016).

- [2017] Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (Ed. Alvarellos, 2017).

- [2019] Nós Premios literarios 2012 – 2015 / 2017 – 2019 (Ed. ASPAMITE, 2019).

- [2020] Cancioneiro do Camiño, de Manoele de Felisa (Ed. Artesón Produccións, 2020).

Ten colaborado en distintos xornais e revistas do país.

PREMIOS

- [1999] Premio Roberto Blanco Torres, por As cometas da vida.

- [2003] Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada, por Memorias do Cairo.

- [2010] Accésit do Premio Estornela de Teatro, por Tulipáns Vermellos.

- [2013] Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela, no Concello da Estrada.

- [2013] Mención de Honra do VII Premio Arume de Poesía para nenos, por O libro dos bicos.

- [2014] Mención de Honra no VIII Premio Estornela de Teatro para nenos, por As aventuras de Odiseo.

- [2020] Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada, por O tempo entre as mans.

OUTRAS DISTINCIÓNS

- [2009] Medalla de ouro de Fillos e Amigos da Estrada.

- [2009] O 9 de maio inaugurouse a Biblioteca "Xosé Luna" promovida pola Asociación Deportivo e Cultural da parroquia estradense de Guimarei.

- [2011] Medalla da Fundación A Solaina de Piloño.

- [2015] Homenaxe da Asociación Hijos del Ayuntamiento da Estrada da Habana, Cuba.