Paco de
Tano

Paco de Tano naciu en Petín de Valdeorras, en febreiro de 1962.

Escribiu o libro de poesía Xanela ao bío, no ano 2002.

Participou nos libros colectivos Rumbo ás illas, Crepúsculo soñado, Negra sombra.

Tamén colabora con revistas da máis variada temática: Tralla, Cadernos da fin do mundo, 45 RPM, Malpica verán, A revista do San Xoán, etc.

Paco de Tano gañou varios premios literarios: Milleira 1999, María Baña 2000, Faustino Rey Romero 2004.

Paco de Tano vive en Malpica dende que ten lembranzas.