Xulio
Ríos

Xulio Ríos (Moaña, 2 de novembro de 1958) é un ensaísta galego especializado en política internacional e, nomeadamente, no mundo chinés.

Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1991 fundou o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, que, tras 25 anos baixo a súa dirección, preside a título de honra. En 1997 fundou o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a axencia municipal para a cooperación internacional. En 2001 fundou a Fundación Plácido Castro, que tamén dirixe na actualidade.

É membro do Consello Asesor de Casa Asia e da Red Navarra de Estudios Chinos. Correspondente Académico do Observatorio Virtual de Asia-Pacífico (Universidad Tadeo Lozano-Colombia), membro do Consello Consultivo Honorario da carreira de “Especialización en Estudios de China Contemporánea”, da Universidad Nacional de Lanús (Arxentina). É igualmente membro do comité científico de Asiadémica, revista universitaria de estudos sobre Asia Oriental, do Foro Académico do Observatorio América Latina-Asia Pacífico e membro do Consello de Redacción de Shijie Minzu, revista de estudos dos pobos do mundo editada pola Academia de Ciencias Sociais de China. Tamén é árbitro permanente da revista Nóesis, editada pola Universidade Autónoma de Ciudad Juárez (México).

Director do Observatorio de la Política China (Casa Asia-IGADI), promotor e coordinador da Red Iberoamericana de Sinología, co-director do Compendio Anual sobre las Relaciones entre China e Iberoamérica, que edita a Universidade de Zhejiang (China), dirixe o Informe Anual sobre Política China que se publica dende 2007, o Informe sobre Taiwán (que se publica dende 2015), o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China (dende 2011), director de Jiexi Zhongguo, trimestral de análise e pensamento iberoamericano sobre China (dende 2011), director do Taiwan Hebdo, semanario de información política sobre Taiwán e as relacións a través do Estreito (dende 2013).

Dende 2007 escribe habitualmente no diario El País sobre temas chineses. Tamén colaborou con outros medios como os diarios Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, La Vanguardia, El Periódico, ou Diario El Correo; tamén con Radio Internacional de China, Radio Nederland, BBC, Cadena SER, Radio Nacional de España ou Radio France Internacional, así como con cadeas de televisión (CCTV, TVG, TVE), revistas especializadas (Grial, Política Exterior, Economía Exterior, Pueblos, El Viejo Topo, East Asia. An International Quarterly, Vanguardia Dossier, Humania del Sur, Revista de Occidente, Estudios de Asia y África, Pensamiento Propio, Sinología Hispánica, Cuadernos de Estrategia, etc.), dixitais (Praza, Sermos Galiza, Rebelión ou Público) semanarios (Brecha, de Uruguai), axencias de noticias (Xinhua, AGN, EFE, AFP, Alainet) ou anuarios de estudos internacionais (CEIPAZ, CIDOB), entre outros. Entre 1997 e 2019 dirixiu Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais.

Profesor do Instituto de Altos Estudios Universitarios, é autor de varios manuais de formación (La política exterior de China, Taiwán: sistema jurídico, político y económico, Las relaciones internacionales de los países de Asia Oriental, El medio ambiente en China) da Universitat Oberta de Catalunya e da Universidad de Alcalá de Henares, na licenciatura de Estudos de Asia Oriental.

É membro do Consello Asesor da Fundación Carlos Casares, membro correspondente da Real Academia Galega e do plenario do Consello da Cultura Galega, onde tamén coordina a Comisión de Acción Exterior. É membro do Consello de Administración da revista mensual Tempos Novos. Foi membro do Consello de Acción Exterior de Galicia dende a súa creación en 2010 ata que presentou a súa dimisión en 2013.

En 2018 recibiu o premio Cátedra China.

Autor dos seguintes libros:

Ensaio

- [1991] A conversión de Polonia (Edicións do Cumio).

- [1992] ¿Que foi daquel soño? (Edicións Xerais).

- [1992] Galicia e a Sociedade das Nacións (Editorial Galaxia).

- [1997] Biografía de Plácido Castro (Ir Indo).

- [1997] China, a próxima superpotencia (Laiovento).

- [1997] Hong Kong, camiño de volta (Laiovento).

- [1998] A China por dentro (Xerais).

- [2001] Sempre no Mundo (Igadi).

- [2002] Plácido Castro, compilación xornalística (Ediciós do Castro).

- [2004] Lois Tobío (Galegos na Historia, Ir Indo).

- [2010] Nós no Mundo. Unha política exterior para Galicia (Galaxia).

- [2015] Lois Tobío, un Galego de lei (Pío García).

Tradución

- [2013] A arte da guerra, de Sun Tzu (Teófilo Edicións).

Compilador e introductor de:

- [1995] Nacións Unidas. Textos fundamentais (Edicións Xerais).

- [1998] Os dereitos da humanidade (Edicións Xerais).

Co-autor de:

- [1994] Pensar a democracia (Editorial Inquérito, Lisboa).

- [1995] Os conflictos dos Balcáns (Ir Indo Edicións).

- [1996] Rusia: das orixes á quebra dun modelo (Ir Indo Edicións).

- [1998] Cuba, independencia e revolución (edicións do Cumio).

- [2002] A acción exterior das CCAA españolas en América Latina: o caso de Galicia (Aieti).

- [2002] Plácido Castro, no Centenario (IGADI).

- [2003] Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (Edicións do Cumio).

- [2004] Galicia, un país no mundo: conmemoración cívica 70 aniversario do recoñecemento internacional de Galicia como unha nacionalidade. Lembranza de Plácido Castro, Vigo 18 de setembro 2003 (Edicións do Castro).

- [2005] Libro branco da acción exterior de Galicia (Xunta de Galicia).

- [2006] Europa, Europa (Tórculo Edicións).

- [2006] O Terceiro Estatuto Galego (Tórculo Edicións).

- [2006] Congreso Plácido Castro no seu tempo (Xunta de Galicia).

- [2009] Galicia solidaria (Xerais). Con Carlos Teijo.

- [2011] Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (Galaxia).

- [2011] A ollada exterior do nacionalismo galego (Fundación Galiza Sempre).

- [2019] Argimiro Rojo Salgado, O Home Smiling Through (Universidade de Vigo).

- [2019] Galicia, un relato no mundo (catálogo da exposición) (Xunta de Galicia).

Edicións

- [1992] O mundo desde aquí (IGADI).

- [1995] Nacións Unidas. Textos fundamentais (Xerais).

- [1998] Os dereitos da humanidade (Xerais).

- [2002] Unha escolma xornalística, de Plácido Castro (Edicións do Castro).

- [2011] Irlanda en Plácido Castro (IGADI).

- [2015] O perdurable legado de Fernando Pérez-Barreiro (Edicións do Cumio).

- [2016] Ramón Lugrís. Sempre Galicia, sempre Europa (IGADI). Con Xosé Luís Franco Grande.

Obras en castelán

Ensaio

- [1997] China: ¿superpotencia del siglo XXI? (Icaria).

- [1998] China (Icaria).

- [2005] La política exterior de China, la diplomacia de una potencia emergente (Edicións Bellaterra)

- [2005] Taiwán, el problema de China (La Catarata).

- [2007] Mercado y control político en China (La Catarata).

- [2008] China de la A a la Z: diccionario general de expresiones chinas (Editorial Popular).

- [2010] China en 88 preguntas (La Catarata).

- [2012] China pide paso (Icaria).

- [2014] Bienvenido, Míster Mao (Akal).

- [2016] China Moderna. Una inmersión rápida (Tibidabo).

- [2018] La China de Xi Jinping (Editorial Popular).

- [2019] Pepe Castedo, Vida y Azares (Teófilo edicións).

- [2019] La globalización china. La Franja y la Ruta (Editorial Popular).

Obras colectivas

- [2002] El nuevo orden internacional en Asia-Pacífico (Editorial Pirámide).

- [2005] La política exterior de China, la diplomacia de una potencia emergente (Bellaterra).

- [2008] China. Radiografía de una potencia en ascenso (El Colegio de México).

- [2009] La emergencia de China e India en el siglo XXI (Seminario de investigación para la Paz).

- [2012] China en América Latina: Reflexiones sobre las relaciones transpacíficas (Universidad Externado de Colombia).

- [2013] El impacto de China en el mundo iberoamericano (Universitat Autònoma de Barcelona).

- [2013] Las relaciones hispano-chinas. Historia y futuro (La Catarata).

- [2015] Política Exterior China: relaciones regionales y cooperación (Benemérita Universidad Autónoma de Puebla).

- [2016] Las fronteras ante sus espejos (Andavira editora).

- [2018] China, América Latina y la geopolítica de la Nueva Ruta de la Seda (Universidad Nacional de Lanús).

- [2019] Ascenso del nuevo espacio indo-pacífico (Seminario de investigación para la Paz, Zaragoza)

- Prólogos

- [2013] The World Turned Upside Down, obra de Alfredo Toro Hardy )World Scientific Publishing Co., Singapur).

- [2017] ¿Cómo lo hicieron los chinos?, obra de Gustavo A. Girado (Astrea).

[Decembro, 2019]