Anselmo
López Carreira

Nacido en Vigo en 1951.

Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1976.

Doutorado en Historia na mesma Universidade en 1994.

Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas de Morrazo, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover.

Así mesmo, Profesor-Titor na UNED, no Centro Asociado de Ourense, e Doutor Vinculado no Instituto "Padre Sarmiento" de Estudos Galegos.

Investigación na historia medieval de Galicia, centrada nos seguintes aspectos: movementos sociais baixomedievais, mundo urbano, edición de fontes documentais, Reino de Galicia.

Gran cantidade de artigos publicados en diferentes revistas (Grial, Boletín Auriense, Brigantium, Murguía...) e ponencias en libros colectivos, así como colaboracións no diario La Región, no semanario A Nosa Terra e noutros medios.