Xosé Monteagudo (Moraña, 1965), é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Desde 1991 traballa como Técnico de Facenda na AEAT. Vive en Pontevedra desde hai máis de vinte anos.
Aínda que escribe desde a adolescencia, non foi ata o ano 2001 cando o seu nome se relacionou publicamente coa literatura ao obter un accesit no premio de relatos Modesto R. Figueiredo. A partir desa data publicou as seguintes novelas:
As voces da noticia (Premio Blanco Amor. Edit. Galaxia, 2002)
Esta historia (Edit. Galaxia, 2006)
Un tipo listo (Premio García Barros. Edit. Galaxia, 2009). Finalista do Premio Frei Martín Sarmiento no 2011.
O curioso mundo das persoas normais (Edit. Galaxia, 2012)
Todo canto fomos (Edit. Galaxia, 2016). Premio á obra narrativa na Gala do Libro Galego 2017 e Premio San Clemente no 2017.
Eternity (Premio Repsol. Edit. Galaxia, 2021).
Vémonos mañá (Edit. Xerais, 2023).
Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán. Tamén é autor de varios relatos breves incluídos en obras colectivas e en diferentes publicacións periódicas. Ademais da súa actividade como novelista, imparte cursos e obradoiros de narrativa e actualmente dirixe o Club de Escritura da Fundación Euseino?.
[Xaneiro de 2023]