Xosé Ramón
Freixeiro Mato

Xosé Ramón Freixeiro Mato (Cances-Carballo, 1951) licenciouse en Filoloxía Románica (subsección: Español) no ano 1977 e en Filoloxía Hispánica (subsección: Galego-Portugués) no ano 1983 na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o grao de doutor en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) en 1992 na Universidade da Coruña. Na actualidade é catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa nesta mesma universidade.

A súa actividade investigadora ten como liñas fundamentais a gramática galega, a lingua literaria e a estilística, ben como a relación entre lingua galega e sociedade, tanto na perspectiva histórica como actual. Resultado desa actividade é a publicación de diversas monografías e outros contributos científicos, como artigos especializados en revistas e libros colectivos, alén de traballos de carácter divulgativo.

No relativo ao estudo, entre outros aspectos, da lingua e estilo de diferentes autores destacan de modo especial as achegas sobre Noriega Varela, mais tamén son obxecto de especial atención outros escritores como Rafael Dieste, Manuel García Barros, Sebastián Martínez-Risco ou Manuel María.

Obtivo o Premio Literario ‘Ánxel Fole’, de ensaio, en dúas ocasións, a primeira en 1993 por Da montaña o corazón (Produción literaria e lingua en Noriega Varela) e a segunda en 2006 por Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María. Tamén gañou por dúas veces o Premio da Crítica de Galiza na modalidade de investigación, unha en 2006 pola obra Os marcadores discursivos. Conectores contraargumentativos no galego escrito e outra en 2014 por Estilística da lingua galega.

Dirixiu a Revista Galega de Filoloxía durante varios anos e na actualidade fai parte do seu Comité Científico. Tamén pertence a comités do mesmo tipo doutras destacadas publicacións e colabora como avaliador externo dalgunhas revistas especializadas.

Alén de ser autor de numerosos relatorios presentados en diferentes congresos nacionais e internacionais, publicou, entre outros, os seguintes libros:

–[1992] A cara oculta de Noriega Varela (Biografia e textos esquecidos), Santiago de Compostela, Laiovento (248 pp.) [ISBN 84-87847-09-9].

–[1993] Da montaña o corazón (Produción literaria e lingua en Noriega Varela), Lugo, El Progreso (142 pp.) [ISBN 84-604-7431-3].

–[1994] Sebastián Martínez-Risco na cultura galega, Santiago de Compostela, Laiovento (258 pp.) [ISBN 84-87847-35-8].

–[1994, 1ª ed. / 2007, 2ª ed.] Antonio Noriega Varela. Estudo e edición da obra completa (Vols. I e II), Lugo, Servizo de Publicacións da Deputación Provincial (537 pp., vol. I / 625 pp., vol II) [ISBN 84-8192-019-3 (vol. I), 84-8192-020-7 (vol. II)].

–[1995] Rafael Dieste. Vida, personalidade e obra, Santiago de Compostela, Laiovento (357 pp.) [ISBN 84-87847-50-1].

–[1996] Os diminutivos en galego, Vigo, A Nosa Terra (172 pp.) [ISBN 84-89138-34-6].

–[1997, 1ª ed. / 1998, 2ª ed. / 1999, 3ª ed. / 2000, 4ª ed. / 2002, 5ª ed.] Lingua galega: normalidade e conflito, Santiago de Compostela, Laiovento (163 pp., 1ª ed. / 228 pp., 5ª ed.) [ISBN 84-87847-93-5 (1ª ed.).

–[1998, 1ª ed. / 2006, 2ª ed.] Gramática da Lingua Galega I. Fonética e fonoloxía, Vigo, A Nosa Terra (317 pp.) [ISBN 84-89976-32-5 (1ª ed.).

–[1999, 1ª ed. / 2006, 2ª ed.] Gramática da Lingua Galega III. Semántica, Vigo, A Nosa Terra (368 pp.) [ISBN 84-89976-57-0 (1ª ed.).

–[2000, 1ª ed. / 2006, 2ª ed.] Gramática da Lingua Galega II. Morfosintaxe, Vigo, A Nosa Terra (748 pp.) [ISBN 84-95350-29-7 (1ª ed.).

–[2001, 1ª ed. / 2006, 2ª ed.] Manual de Gramática Galega, Vigo, A Nosa Terra (269 pp.) [ISBN 84-95350-24-6 (1ª ed.)

–[2003, 1ª ed. / 2006, 2ª ed.] Gramática da Lingua Galega IV. Gramática do texto, Vigo, A Nosa Terra (208 pp.) [ISBN 84-96203-50-6 (1ª ed.).

–[2005] Os marcadores discursivos. Conectores contraargumentativos no galego escrito, A Coruña, Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da UDC. Monografía 3 da Revista Galega de Filoloxía (283 pp.) [ISBN 84-9749-178-5].

-[2006] Lingua, nación e identidade, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento /255 pp.) [ISBN 84-8487-105-3].

–[2007] Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María, Lugo, Fundación Caixa Galicia (336 pp.) [ISBN 978-84-96494-92-3].

–[2010] Lingua de calidade. Vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro, Vigo, Edicións Xerais de Galicia (193 pp.) [ISBN 978-84-9782-835-2].

–[2013] Estilística da lingua galega, Vigo, Edicións Xerais de Galicia (572 pp.) [ISBN 978-84-9914-498-6].

–[2015] A poesía oculta de Filgueira Valverde. Guerra Civil, literatura franquista e galeguismo n'O Gaiteiro de Lugo, A Coruña, Baía Edicións (125 pp.) [ISBN 978-84-9995].

–[2016] Onde ferve o amor por Galiza. Correspondencia do galeguismo do exterior con Sebastián Martínez-Risco (1942-1977), A Coruña, Deputación Provincial da Coruña (303 pp.) [ISBN 978-84-9812-290-9].

–[2017] Sobre historiografía gramatical e codificación lingüística (1955-1971). O Epítome de gramática galega e outros textos, A Coruña, Universidade da Coruña (234 pp.) [ISBN 978-84-9749-671-1].

[Xullo, 2018]