(1951 - 2019)

Xosé
Leira López

Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Foi profesor titular de Socioloxía da Universidade da Coruña, coordinador de Mestrado en Xestión e Patrimonio Cultural e director, desde 1995, do proxecto cultural e de investigación Aulas no Camiño.

Os seus traballos de investigación sociolóxica están recollidos en máis de cincuenta publicacións: monografías, capítulos de libros e revistas científicas. Como escritor de literatura foi membro fundador na década dos 70 do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Ten tamén artigos publicados en prensa e pronunciou conferencias en diversas universidades europeas.

[Outubro, 2019]