SUSO DE TORO (Xesús Miguel de Toro Santos. Santiago de Compostela-Galiza. 10-1-56) Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea.
- Do ano 76 ao 78 dirixe e escribe os textos para o grupo de teatro na rúa "Pepa Loba".
- No ano 83 obtén o premio Galicia de Literatura da Universidade de Santiago co seu libro de relatos Caixón desastre (Edit. Universidade de Santiago, reeditado en "Edicións Xerais", Vigo. 2ª edición)
- No ano 86 publica o libro de relatos Polaroid, que recebe o Premio da Crítica de Galiza ("Edicións Xerais". 6ª edición).
- No ano 88 publica a novela Land Rover, traducida e editada en castelán, francés e italiano ( "Edicións Xerais" 7ª edición/ "Ediciones B", Barcelona/ "Rivages", París/ "Hobby &Works, Roma)
- No 90 Ambulancia, tres relatos policiacos encadados ("Edic. Xerais", 5ª edición)
- No 91 F.M., selección de textos xornalísticos sobre arte, política e cultura ("Edicións Positivas", Santiago de Compostela)
- Tamén no 91 (Unha memoria da esquerda nacionalista) Camilo Nogueira e outras voces, estudo da evolución da esquerda galeguista ("Edic. Xerais")
- Unha pouca cinza, textos sobre Santiago de Compostela. Edit. Compostela. 1992.
- No 93 publica Tic-Tac, novela que obtén o Premio da Crítica Española e premio Arzobispo San Clemente. Premio dos Libreiros da Coruña. En galego e castelán ("Ediciones B") e en Holanda (Edit. "Balance"). Deu lugar a unha montaxe teatral de Etelvino Vázquez dirixindo a compañía "Teatro de ningures" e a outra de Teatro de Adro.
- A sombra cazadora, novela (Edicións Xerais, Decembro do 94). 10ª edición. (En castelán en "Ediciones B"; en portugués Dom Quixote; en catalán Columna). Dereitos para cine cedidos a "Continental Producc." (Realización prevista no 2002)
- Unha rosa é unha rosa (unha comedia de medo). Escrita para a compañía "Teatro do Noroeste" para a temporada 95-96. 1996, 4ª edición en Ed. Xerais.
- Conta saldada, novela. 1996 (3ª edición"Alfaguara/Obradoiro" en galego/ 6ª edición en Alfaguara xuvenil en castelán/ Alfaguara en catalán). Cedidos os dereitos para cine a "Tornasol Producciones".
- Parado na tormenta, ensayos literarios. Ed. Galaxia.
- Calzados Lola, novela. 1997. (3ª edición en Ed. Xerais en galego; "Ediciones B" e "Círculo de Lectores" en castelán)
- La flecha amarilla, libro de viaje. 1998 (Ed. El País /Aguilar)
- Círculo, libro de relatos (2ª edición en Ed. Xerais). Adaptada a teatro no 2000 por Teatro do Adro. No 2001 por "Teatro de Ningures".
- Non volvas, novela. Abril do 2000. (3ª edición en Ed. Xerais en Ediciones B en castelán no mes de Octubre. No "Círculo de Lectores" no 2001)
- El pueblo de la niebla /O País da brétema (Unha viaxe no tempo pola cultura celta), introducción á cultura e literatura celta. Maio 2000. (Ed. El País/Aguilar, en galego e castelán)
- A Carreira do salmón. Selección de escritos en prensa, conferencias e inéditos. (Decembro do 2001. Edicións Xerais)
- 13 Badaladas, novela. Próxima publicación en Febreiro do 2002 en Edicións Xerais. (En Seix Barral, en Outono do mesmo ano). Adaptada a cine por "Tornasol", comezo da rodaxe en Febreiro do 2002.
[Febreiro, 2002]