Estíbaliz
Espinosa

Fotografía:

Polaroide: caixa china na que quero prenderte e aínda pensarme se che converto en híbrido en amante en sapo

Lista de cousas que me derreten

ata a dilatación total da pupila:

o fociño dun gato

certas formacións nubosas e a palabra

ionosfera

conducir de noite pola autoestrada

os ombros de Samuel

a secuencia da batalla sen voz en

Ran

rebasar unha curva e atopar, de pronto,

a Refinería

o chocolate negro

veludo azul escuro

unhas babuchas douradas que merquei

Dexo. A palabra Dexo. Os

promontorios de Dexo. A palabra

Marola

Orión

a boca dun lobo

toda a música. Toda

o verso "morrerei fremosa no mar

maior"

o mar maior

o cartel de Metrópolis

leite quente

as barras de labios carmesí

a ollada dun burro

un vídeo clip de Björkuz

capítulos soltos de Ulises 31 e

Comando G

un espelliño azul e unha cousa rosa

que levan comigo desde que o mundo é

mundo

o xeito de camiñar de Luís C

o final de Lolita

unha coroa do Rei Lear

mirar por unha ventá de taxi, tren,

bus...

o parruliño feo

os ollos e os azuis do Giotto

os calcapapeis que nevan ao xirarse

a neve

as mulleres de ollos separados

as casas Dior, Sisheido e o que

fotografa Sophie Delaporte

o principio de Blade Runner

as voces graves

comer cereixas

os meus alumnos de Publicidade

un cuxo

as bóvedas que imitan o ceo estrelado

as fotos da miña nai

o final de Blade Runner

"Angelene", de PJ Harvey

os puñais

a Alhambra

os cadros do meu irmán, de Branda, de

Pablo G

Escarlata susurrando "Tara" na

escalinata vermella

un poema chino que remata "só se

oe o ruído das tesouras ao caer"

Lista de cousas que sei facer:

nadar a crawl

falar unha hora da literatura

dos malditos

o pino

debuxos de caras

mousse de castañas

cantar Liù non regge più, de Turandot

relacionar socioloxicamente

imbecilidade e estatísticas

malabares con mandarinas

pintarme os ollos estilo anos 20

logaritmos neperianos

cantar Moon River na ducha

lembrar de súpeto a C. Shannon

sen saber por qué

esquecer a certas persoas

situar a estrela polar

bailar samba

dicir "a túa avoa é artista do circo" en

ruso

adiviñarche o signo zodiacal

poñer voz de Pinocchio

un soneto en rima con grima

tocar o tambor

ignorar a un académico

contar trolas nas listas

especular se foi antes homo erectus ou

neandertalensis

o que non se espera de min

minimetraxes estilo mudo

seducir a un neno

relacionar etimoloxicamente a palabra

rubí e a palabra rubor

ter segredos

Lista de respostas máis frecuentes:

A poesía é iso que tiveches onte entre

as mans

O cine cómese á literatura, pero a

literatura sempre aparece polo outro

lado do tubo dixestivo

Non sigas lendo. Isto é unha trampa.

As casas nas que vivimos son

sospeitosamente parecidas a nós

Hai vida noutros mundos, pero nunca a

saberemos

O humano vai empachado de tanta

humanidade

A pesar do ítem anterior, quero estar

contigo, alomenos neste texto

Si, escribo poemas a dúas voces

Si, escribo poemas estilo cyborg

Si, será África

Non, non sei cómo se declara a Renda

Non, non sei cómo se escribe

"hinconstitucional"

Si, gústame facelo xusto ao espertar