Fotografía:
Polaroide: caixa china na que quero prenderte e aínda pensarme se che converto en híbrido en amante en sapo
Lista de cousas que me derreten ata a dilatación total da pupila: o fociño dun gato certas formacións nubosas e a palabra ionosfera conducir de noite pola autoestrada os ombros de Samuel a secuencia da batalla sen voz en Ran rebasar unha curva e atopar, de pronto, a Refinería o chocolate negro veludo azul escuro unhas babuchas douradas que merquei Dexo. A palabra Dexo. Os promontorios de Dexo. A palabra Marola Orión a boca dun lobo toda a música. Toda o verso "morrerei fremosa no mar maior" o mar maior o cartel de Metrópolis leite quente as barras de labios carmesí a ollada dun burro un vídeo clip de Björkuz capítulos soltos de Ulises 31 e Comando G un espelliño azul e unha cousa rosa que levan comigo desde que o mundo é mundo o xeito de camiñar de Luís C o final de Lolita unha coroa do Rei Lear mirar por unha ventá de taxi, tren, bus... o parruliño feo os ollos e os azuis do Giotto os calcapapeis que nevan ao xirarse a neve as mulleres de ollos separados as casas Dior, Sisheido e o que fotografa Sophie Delaporte o principio de Blade Runner as voces graves comer cereixas os meus alumnos de Publicidade un cuxo as bóvedas que imitan o ceo estrelado as fotos da miña nai o final de Blade Runner "Angelene", de PJ Harvey os puñais a Alhambra os cadros do meu irmán, de Branda, de Pablo G Escarlata susurrando "Tara" na escalinata vermella un poema chino que remata "só se oe o ruído das tesouras ao caer" |
Lista de cousas que sei facer: nadar a crawl falar unha hora da literatura dos malditos o pino debuxos de caras mousse de castañas cantar Liù non regge più, de Turandot relacionar socioloxicamente imbecilidade e estatísticas malabares con mandarinas pintarme os ollos estilo anos 20 logaritmos neperianos cantar Moon River na ducha lembrar de súpeto a C. Shannon sen saber por qué esquecer a certas persoas situar a estrela polar bailar samba dicir "a túa avoa é artista do circo" en ruso adiviñarche o signo zodiacal poñer voz de Pinocchio un soneto en rima con grima tocar o tambor ignorar a un académico contar trolas nas listas especular se foi antes homo erectus ou neandertalensis o que non se espera de min minimetraxes estilo mudo seducir a un neno relacionar etimoloxicamente a palabra rubí e a palabra rubor ter segredos
Lista de respostas máis frecuentes: A poesía é iso que tiveches onte entre as mans O cine cómese á literatura, pero a literatura sempre aparece polo outro lado do tubo dixestivo Non sigas lendo. Isto é unha trampa. As casas nas que vivimos son sospeitosamente parecidas a nós Hai vida noutros mundos, pero nunca a saberemos O humano vai empachado de tanta humanidade A pesar do ítem anterior, quero estar contigo, alomenos neste texto Si, escribo poemas a dúas voces Si, escribo poemas estilo cyborg Si, será África Non, non sei cómo se declara a Renda Non, non sei cómo se escribe "hinconstitucional" Si, gústame facelo xusto ao espertar |