Manuel Rivas (A Coruña, 1957). Escritor e xornalista. Colabora desde a súa adolescencia en diversos medios de comunicación.
Como poeta publicou as seguintes obras: Libro do Entroido (1979); Anisia e outras sombras (1981), en colaboración con Xavier Seoane; Balada nas praias do Oeste (1985); Mohicania (1987); Ningún cisne (1989), Premio Leliadoura; Costa da morte, blues (1994); esta obra está recollida na antoloxía O pobo da noite (1996).
Como ensaísta publicou Galicia, el bonsai atlántico (1989), No mellor país do mundo (1991), Toxos e flores (1992) e El periodismo es un cuento (1998).
A súa obra narrativa -composta de novelas, novelas curtas e relatos breves- está formada polos seguintes títulos: Todo ben (1985); Un millón de vacas (1989), Premio da Crítica Española, 1990; Os comedores de patacas (1991); En salvaxe compaña (1994), Premio da Crítica; ¿Que me queres, amor? (1995), Premio Torrente Ballester de Narrativa e Premio Nacional de Narrativa 1996; O lapis do carpinteiro (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e Premio Arcebispo Xoán de San Clemente; Ela, maldita alma (1999); A man dos paíños (2000). Como narrador, está traducido a diversas linguas.
[Febreiro, 2002]