SOCIA DE HONRA DA AELG. Letra E 2001 - Ribadeo.
Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922 - A Coruña, 2020) foi catedrática de Ensino Medio, membro numerario da Real Academia Galega e directora da revista Nordés. Publicou os poemarios: O paxaro na boca (1952), Últimas palabras/Verbas derradeiras (1975), Concerto de outono (1981), Códice calixtino (1986), Prometo a flor de loto (1992), Vida secreta de Rosalía (1996). Como ensaísta deu ao prelo A bordo de Barco sin luces, Galicia ferida (A visión de Luís Seoane) (1994), Álvaro Cunqueiro e 'Herba de aquí e acolá' (1991), ademais de varios artigos en Nordés e Grial.
[Febreiro, 2002]