Carlos Paulo
Martínez Pereiro

Carlos Paulo Martínez Pereiro (Mera de Oleiros, A Coruña, 1955), traballa basicamente nos campos da literatura medieval galego-portuguesa, das literaturas contemporáneas e das relacións entre escrita e plástica nas literaturas en lingua galega e portuguesa.

Licenciado en Filoloxía Hispánica, e Filoloxía Galego-Portuguesa, é Doutor, nesta última filoloxía, tamén pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha Tese sobre as relacións entre a pintura e a literatura na obra vangardista do escritor e artista plástico portugués Almada Negreiros.

Tras varios anos de exercicio da docencia como Profesor Agregado e Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato, é, na actualidade, Catedrático da Área de Coñecemento de Filoloxía Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

Desde 1997, é Director da 'Serie Branca (Outras Literaturas Teatrais)' e da 'Serie Gris (Pensamento e Estética)' e mais Coordinador Editorial das Publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.

Investigador principal de varios proxectos de investigación competitivos, autor de diversas edicións de textos de diferentes períodos dos ámbitos literarios en lingua galega e portuguesa e mais de numerosos artigos e relatorios en congresos, revistas e publicacións especializadas, é autor, entre outros, dos seguintes libros:

- [1992] As cantigas de Fernan Paez de Tamalancos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Edicións Laiovento, Col. 'Ensaio', 14, Santiago de Compostela (143 pp.). [ISBN 84-87847-13-7].

- [1994-1998] Luís de Camões. Doce Canto em Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças Camonianas na Lírica Galega). Selecção, introdução, notas e apêndice de, Edicións Laiovento / Instituto Camões, Col. 'Vento do Sul', 1, Santiago de Compostela (247 pp.). [ISBN 84-87847-41-2]. Segunda edição revisada, Laiovento, Col. 'Vento do Sul', 1, Santiago de Compostela, 1998 (247 pp.). [ISBN 84-89896-37-2]. (En colaboración con M. Ferreiro e F. Salinas Portugal).

- [1996] Natura das animalhas. Bestiario medieval da lírica profana galego-portuguesa, Edicións A Nosa Terra, Col. 'Campus', 2, Vigo (239 pp.). [ISBN 84-89138-31-1].

- [1996] A Pintura nas Palavras. "A Engomadeira" de Almada Negreiros: Uma Novela em Chave Plástica, Editorial Laiovento / Instituto Camões, Col. 'Vento do Sul', 3, Santiago de Compostela (306 pp.). [ISBN 84-87847-74-9].

- [1996] Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amigo, ASPG, Vigo (253 pp.). [ISBN 84-921126-6-2]. (En colaboración con M. Ferreiro).

- [1996] Historia da Literatura Galega. Cantigas de Escarnho e de Maldizer, ASPG, Vigo (285 pp.) [ISBN 84-921126-5-4]. (En colaboración con M. Ferreiro).

- [1996] Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amor, ASPG, Vigo (255 pp.). [ISBN 84-921126-7-0]. (En colaboración con M. Ferreiro).

- [1996] Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa María, ASPG, Vigo (241 pp.). [ISBN 84-921126-8-9]. (En colaboración con M. Ferreiro).

- [1997] Hospital das letras. In(ter)vencións e ensaios literarios, Editorial Espiral Maior, Col. 'Ensaio', 10, A Coruña (122 pp.). [ISBN 84-89814-07-4].

- [1999] Razões de fogo, versos fabricados. Sonetos portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII, Editorial Espiral Maior, Col. 'Poesía', 83, A Coruña (75 pp.). [ISBN 84-89814-65-1].

- [1999] A indócil liberdade de nomear. (Por volta da "interpretatio nominis" na literatura trovadoresca), Editorial Espiral Maior, Col. 'Ensaio', 17, A Coruña (226 pp.). [ISBN 84-89814-82-1].

- [2007] Querer crer entrever (Expresións críticas de reflexión e lectura), Edicións Laiovento, Col. 'Ensaio', 220, Santiago de Compostela, 2007 (222 pp.). [ISBN 978-84-8487-127-4].

- [2008] Camilo Castelo Branco. As Duas Comédias do Morgado de Fafe (O Morgado de Fafe em Lisboa/O Morgado de Fafe Amoroso). Introdução e edição, Publicacións da Biblioteca-Arquivo 'Francisco Pillado Mayor', Serie Verde ('Literatura Teatral em Língua Portuguesa'), 57, A Coruña (172 pp.) [Introdução: "Dúas farsas teatrais de um ardente satírico. A fórmula instável das comédias camilianas do Morgado de Fafe" (pp. 7-31)]. [ISBN 978-84-9749-324-6].

- [2010] A man que caligrafando pensa (Do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana), Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións, A Coruña (182 pp.). [ISBN 978-84-9749-403-8]

En 1992, foille outorgado o "Premio de Investigación Xunta de Galicia ao mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro na Área de Humanidades" polo artigo intitulado "Au sujet des chevaux in-existants dans la poésie satirique galicienne-portugaise du Moyen-Âge" (in Senefiance, Publications du C.U.E.R.M.A, Aix-en-Provence, 32, pp. 369-384 [ISBN 2-901104-32-00]).

En 1999, foille outorgado o "Premio Espiral Maior de Ensaio" pola monografía intitulada A indócil liberdade de nomear. (Por volta da "interpretatio nominis" na literatura trovadoresca). [ISBN 84-89814-82-1].

En 2008, a obra Querer crer entrever (Expresións críticas de reflexión e lectura) foi finalista, na modalidade de 'Ensaio', dos "Premios da AELG". [ISBN 978-84-8487-127-4].

[Xuño, 2010]