Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume en 1957 e falecido en Barcelona o 11 de outubro de 2008.
Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977). Como narrador deuse a coñecer en 1986 co relato "O retornado", Premio Pedrón de Ouro.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.
Obra
Poesía
- As cidades da nada, 1983.
- Designium, 1984. Premio da Crítica de Galicia e Premio Losada Diéguez de creación.
- Pensar na tempestade, 1986.
- Pasa un segredo, 1988. Premio da Crítica española
- As lúas suburbanas, 1991.
- Adeus norte, 1991. Premio Esquío.
- Luz do mediodía, 1995.
- Persoas de amor, 1995.
- O cazador de libros, 1997.
- Mínima moralidade, 1998. Premio Miguel González Garcés
- Capitán Inverno, 1999.
- A rocha dos proscritos, 2001.
Narrativa
- Catro novelas sentimentais, 1988.
- As regras do xogo, 1990.
- Aves de paso, 1990.
- Os leopardos da lúa, 1993.
- Soños eternos, 1994.
- Os meus ollos, 2003.
- Os ollos da ponte, 2004.
- A ponte nos ollos, 2007.
Ensaio
- Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria, 1992.
En antoloxías e obras colectivas
- Ámbito dos pasos, 1997.
- "Iluminacións danubianas" en Caderno de viaxe, 1989.
- "Razóns para matar a Martíns" en O relato breve. Escolma dunha década, 1990.