Nacín en Noia (A Coruña) no mes de Xaneiro do ano 1945.
Son Membro Numerario do Grupo Cultural GRUGALMA ("Galicia en Madrid"), Académico e Membro Benemérito do Centro Cultural, Literario e Artístico "Agustín García Alonso" de Aranguren (Vizcaya), e Membro Numerario da Asociación Mundial de Escritores (A.M.E.). Figuro no libro Gallegos. Quién es quién en la Galicia de los noventa, publicado por O Correo Galego (1993).
Teño participado en numerosas homenaxes a personalidades do entorno cultural galego, así pintores (Fernández Sánchez, etc,), como escultores e ceramistas (M. Penalta, etc), e escritores (Avilés de Taramancos, etc), e no Día das Letras Galegas de todos os derradeiros anos, en diversas institucións.
Teño ilustrado textos de Luís Moure Mariño (El décimo Conde de Lemos, Virrey del Perú), e de I.Nieto Caamaño (Chazarel), e da Biblioteca Gallega-La Voz de Galicia (Homenaxe a Avilés de Taramancos).
Estiven incluído na Exposición Itinerante "Antón na memoria: Imaxe e palabra", de María Esteirán, xunto cas figuras de maior renome da literatura galega actual.
Din lectura dos poemas do meu libro inédito Tépeda Nudez na Casa de Galicia en Madrid, no 1992.
Teño publicados poemas e relatos en diversas revistas nacionais (Grugalma, Madrid; La Veleta del Sastre, Alcázar de San Juan; Alameda, Noia; etc.), en antoloxías (Negra Sombra: Intervención poética contra a marea negra, Eds.F.L.G., Espiral Maior e Xerais), textos de homenaxe (Avilés de Taramancos. Un francotirador da fermosura, de Aurora Marco, Ed. Toxosoutos; Avilés de Taramancos. Día das Letras Galegas 2003, Biblioteca Gallega), e poemarios reivindicativos (Rwanda, Rwanda).
Teño publicados dous libros de poemas: Esas Mans, Cartafol de Poemas, colección "Verba que comeza", avaliado pola Casa da Cultura do Concello de Noia, con Limiar de Antón Avilés de Taramancos; e Impreciso xermolar dos renovos, editorial Galinova, con Limiar de Plácido Lizancos Santos.
Están pendentes de publicación varios libros de poemas, de relatos e de contos.